Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de outubro de 2014

A MasterClass e os descontos no Club do Corredor para inscritos no circuíto Coruña Corre, valores engadidos da Popular Novo Mesoiro

O circuíto CoruñaCorre realizará o próximo 2 de novembro a súa segunda cita coa Popular de Novo Mesoiro e quérelles ofrecer a todos os runners que o desexen a oportunidade de gozar dun adestramento específico con Andrés Díaz e outros técnicos cualificados que terá lugar este sábado día 25 ás 11.30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor. Ademais, os inscritos no circuíto poderanse beneficiar de importantes descontos no Club do Corredor.

A terceira edición do circuíto de Carreiras Populares #CoruñaCorre quere dar valor engadido a cada unha das súas probas e, grazas á colaboración do Club do Corredor, organizará este sábado día 25 a partir das 11.30 horas no Palacio dos Deportes de Riazor unha Masterclass. Nela o atleta internacional Andrés Díaz xunto a outros profesionais dirixirá unha sesión de traballo orientada a preparar a cita herculina. Ademais de exercicios de técnica de pisada e circuítos de forza, todos os corredores poderán resolver as súas dúbidas e recibir consellos dun atleta olímpico.

A duración aproximada deste adestramento será de 80 minutos e todas as persoas participantes deberán traer roupa deportiva adecuada á actividade física. A MasterClass, de carácter gratuíto, terá capacidade limitada (ata 60 corredores) e para formalizar a inscrición haberá que mandar un correo electrónico indicando a vontade de anotarse ao seguinte enderezo: carreraspopulares@coruna.es . O prazo para inscribirse finalizará este venres ás 20.30 horas.

Durante a sesión explicarase, ademais, en que consiste o Club do Corredor, iniciativa abanderada por Andrés Díaz que quere ser un lugar de encontro para corredores populares que queiran iniciarse no running ou dar un paso adiante na súa preparación de forma responsable e controlada por profesionais. O proceso para inscribirse é sinxelo. Todos os atletas que o desexen poden rexistrarse na web de elclubdelcorredor.com e acceder ao paquete ofertado que máis lles interese. Deberán efectuar o pago e a partir dese momento concretarase unha data para realizar o test inicial onde se analizará a condición física que cada corredor para, en función dela, preparar o plan de adestramento, de forma que o aproveitamento dos mesmos sexa total e adaptado.

O corredor terá un seguimento individual, estará en contacto co seu adestrador e poderá anotarse a quedadas para correr con outros runners, ademais de resolver as súas dúbidas e facer consultas sobre nutrición, podoloxía, traumatoloxía, adestramento forza, psicoloxía ou fisioterapia. Ademais, todos os atletas inscritos no Circuíto #CoruñaCorre terán un 50% de desconto na cota mensual no Club do Corredor e un 100% na matrícula. Este aplicarase aos 100 primeiros anotados.

A MasterClass do próximo sábado día 25 é unha experiencia que se confirma día a día grazas á súa boa aceptación e que xa se realizou con éxito en #Coruña10 xunto ao propio Andrés Díaz, José Carlos Tuñas, do Coruña Comarca e o triatleta Miki Acosta; ademais de en probas como Coruña21 e Coruña42 con atletas como Yolanda Gutiérrez (gañadora do 2013 en Coruña10), Paula Mayobre (bronce 2013) e Pedro Nimo (segundo en Coruña42 no 2013).

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión