Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

16 de setembro de 2014

A marea rosa inundará A Coruña este domingo

A carreira da muller xa completou as 5.000 inscricións na cidade herculina, mellorando a participación da pasada edición dun evento solidario que este ano se realizará o vindeiro domingo 21 ás 10.00 horas.

A Carreira da Muller volve este domingo ás 10.00 horas á Coruña na súa segunda edición, que bateu récord de participación, con 5.000 mulleres inscritas. O percorrido, de 5 quilómetros 200 metros aproximadamente, sairá dende o inicio do novo Paseo do Parrote, chegará ata a altura do Club do Mar de San Amaro e regresará en dirección oposta, finalizando á mesma altura cá saída.

A recollida de dorsais, chip e bolsa da corredora poderase realizar no Frontón de Riazor o venres 19 e o sábado 20 de 10 a 14.00 horas e de 16 a 20.00 horas. Para retiralos será necesario o resgardo da inscrición presencial ou o PDF da inscrición vía web. De non contar con estes documentos, poderase presentar DNI ou a súa correspondente fotocopia. Tamén será posible recoller máis dunha bolsa do corredor, para o que será necesario incluír algún destes documentos.

Así mesmo, poderase visitar no Frontón a feira da corredora composta por diferentes postos dos principais patrocinadores da Carreira da Muller. Unha competición popular onde a principal finalidade é participar e recadar fondos para a loita contra o cancro. Un evento no que A Coruña demostrou que é unha cidade solidaria, comprometida e enganchada ao running. A marea rosa chegou á cidade herculina.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión