Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

28 de xaneiro de 2015

A inscrición presencial de Coruña21, grazas a El Corte Inglés

Todos os corredores que o desexen pódense inscribir ata as 24 horas do 17 de febreiro en liña a través desta web, e a organización de #Coruña21 aumenta as opcións dos runners coa apertura dende hoxe da inscrición presencial en todos os centros de El Corte Inglés de Galicia, unha vez renovado o acordo de colaboración da firma coas tres grandes carreiras da cidade.

#Coruña21 vai sumando corredores e con máis de 700 inscritos a irmá pequena de #Coruña42 vai camiño de bater récords de participación. Ata as 24 horas do 17 de febreiro todas as persoas que o desexen pódense inscribir a través desta mesma web e dende xa crecen as opcións para formar parte do Medio Maratón grazas á apertura da inscrición presencial.

Esta comezará hoxe, e manterase aberta ata dúas datas diferentes. O 8 de febreiro é o límite para os corredores que se acollan ás bonificacións para desempregados e xubilados, co fin de poder cumprir os prazos de entrega de documentación, mentres que o 13 de febreiro será para o resto. O horario é coincidente co de apertura do centro, de 10.00 a 22.00 horas. Os corredores deberán cubrir debidamente o formulario e aboar a correspondente cota: 15 euros para propietarios de chip amarelo e dezaoito euros para os non propietarios, podéndose acoller á bonificación do 50% se é o caso. De igual forma será posible mediante a inscrición presencial complementar voluntariamente a achega para o proxecto de Ayuda en Acción, a causa solidaria asociada a esta cita.

A afluencia de runners a #Coruña21 duplicouse e co novo trazado desta sétima edición, dunha soa volta, buscouse mellorar a experiencia en carreira dos atletas. Así mesmo, a homologación, que se realizará este domingo, converterá a #Coruña21 nunha proba homologada pola Real Federación Española de Atletismo, polo que as marcas que consigan os corredores serán oficiais, do mesmo xeito que en edicións pasadas.

#Coruña21 ofrece as maiores facilidades aos seus runners, e coa apertura da inscrición presencial quere multiplicar as opcións para que todos aqueles que o desexen poidan participar do Medio Maratón do próximo 22 de febreiro e intentar superar os 2000 inscritos nesta edición. Porque #lamitadmolamás.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión