Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de xullo de 2014

A II Carreira Popular de Ventorrillo en imaxes

Xa están dispoñibles nas nosas galerías as mellores fotos da II Carreira Popular de Ventorrillo, penúltima cita do circuíto de carreiras populares Coruña Corre. Se participaches tes ata 407 oportunidades de conseguir un recordo gráfico.

A quinta proba do Circuíto Municipal de Carreiras Populares Coruña Corre ofreceunos a oportunidade de coñecer barrios da cidade como Ventorrillo, A Silva e Penamoa, seguramente pouco habituais para os que non son veciños deles. Esa visita brindounos imaxes para o recordo, con vistas panorámicas da cidade da Coruña que non adoitan estar tan presentes nos catálogos. Deportivamente mantívose a tendencia de anteriores carreiras, duplicándose os rexistros de participación respecto do 2013, e manténdose a gran tendencia á alza na participación feminina. Esta vez foron 116 mulleres as que finalizaron o percorrido, fronte ás 37 da primeira edición.

As imaxes xa están dispoñibles nas galerías da web de carreiras populares e a disposición de todas as persoas participantes, que poden buscarse nas fotos e lembrar o día vívido. Ventorrillo foi o penúltimo paso antes do broche final para o Coruña Corre, coa Volta a Oza, a denominada carreira dos tres parques, que seguro que tamén nos deixará imaxes inesquecibles o próximo 10 de agosto.

Podes acceder á galería de imaxes da carreira a través deste acceso.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión