Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de setembro de 2014

A gala de CoruñaCorre, homenaxe a todos os heroes

O segundo circuíto de Carreiras Populares cerra a súa edición cunha gala este xoves ás 20.00 horas no Ágora na que premiará os diferentes gañadores de cada categoría, tanto de populares como en pista. Haberá un premio especial para os finisher das seis competicións, tanto a nivel individual como grupos de familia e mixtos, e unha camiseta conmemorativa para todos os anotados no circuíto. Unha festa de clausura que cerra un evento deportivo que aumentou a súa participación e demostra o tirón do running na cidade herculina.

CoruñaCorre quere asinar o mellor epílogo desta segunda edición do Circuíto de Carreiras Populares e este xoves realizaará unha gala no Ágora a partir das 20.00 horas que colgou hai varios días o cartel de non hai entradas. No evento premiarase a primeiros clasificados das diferentes categorías tanto das carreiras populares como en pista e recoñecerase, ademais, a fidelidade dos corredores inscritos no circuíto e que finalizaron as súas seis probas (Os Rosales, Novo Mesoiro, Torre de Hércules, San Pedro de Visma, Ventorillo e Oza). Na categoría individual lográrono 136 atletas, 6 familias que conseguiron puntuar e 6 equipos mixtos que tamén alcanzaron a puntuación. Estes recibirán un estoxo personalizado coas seis medallas co que poderán demostrar a súa fazaña e gardar para sempre as preseas que atesouran que foron finisher.

Pero para CoruñaCorre todos son gañadores, e a totalidade dos inscritos no circuíto recibirán unha camiseta conmemorativa desta segunda edición. As persoas que non poidan acudir á gala poderán recoller a súa elástica a partir das 19.00 horas do mesmo día. Pola contra, establecerase unha nova data e hora, por determinar, por parte da organización que garanta que ningún atleta quede sen a súa camiseta.

Un evento deportivo destas características implica a colaboración de moitas persoas e organismos, o propio Concello da Coruña, clubs de atletismo, asociacións veciñais, corpos de seguridade etc…, e os seus representantes tamén terán a súa especial mención e recoñecemento na gala de CoruñaCorre. Un circuíto que consolida a boa saúde do running na cidade herculina, e que aumentou o seu nivel de participación con respecto á súa primeira edición e case dobrando o seu número de finisher das seis probas en relación ao ano anterior. Moitos motivos para celebrar nesta gala de CoruñaCorre que despedirá unha temporada na que o running volveuse facer notar nos barrios coruñeses.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión