Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de abril de 2014

A exporunning de Coruña42, chea de motivos para non perdela

O venres 25 ás 17.00 a Exporunning abre as súas portas no Palexco, a súa nova localización. Esta festa do running será inaugurada polo dobre campión do mundo e Europa de maratón Martín Fiz e a proxección da película na que é protagonista "Fiz, puro maratón" o propio venres no auditorio Gaivota e será o prólogo a un ciclo de conferencias que se desenvolverán durante a xornada do sábado previa á carreira.

A Exporunning de Coruña42 dá este venres o seu pistoletazo de saída cunha serie de actividades ao servizo dos atletas do Maratón Atlántica, que poderán gozar ademais dunha completa feira do corredor, coas mellores conferencias para resolver as súas dúbidas e asesorarse para a proba que se disputará este domingo. Un programa completo de eventos cos que a organización quere brindar as mellores ofertas tanto divulgativas como de equipamento, que atoparán nos diferentes expositores presentes na feira do corredor. Así mesmo, o venres dende as 17.00 horas ata as 22.00 horas e o sábado dende as 10 ata as 22.00 horas os atletas poderán recoller a súa bolsa do corredor, co seu dorsal e a súa camiseta conmemorativa da III edición do Maratón Atlántica.

Venres 25

O venres ás 17.00 darase o pistoletazo de saída á Exporunning do Maratón Atlántica Coruña42 que abrirá as súas portas en Palexco. Ás 17.30 realizarase o acto inaugural que contará coa presenza de autoridades e do dobre campión do mundo e Europa de maratón Martín Fiz. A continuación realizarase unha homenaxe aos “heroes anónimos”, 45 corredores que participaron no 2012 e 2013 en Coruña10, 21 e 42.

A continuación, virá o prato forte da tarde coa proxección ás 18.30 horas da película “Fiz, puro maratón”, que contará coa presenza do seu protagonista. A vida do atleta español Martín Fiz foi levada ao cinema da man do director Rodrigo Moro e coa colaboración no guión de Álex Calabuig, director adxunto de Runner's World. O documental percorre a vida dun deportista traballador incansable, exemplo de decoro e superación, e intérnase no mundo das carreiras de fondo na súa proba máis lendaria, o maratón. Finalizarase a xornada saudando os voluntarios que farán posible o bo desenvolvemento do Maratón Atlántica. O acceso é gratuíto aínda que é necesario reservar a entrada na web www.ticketea.com

Sábado 26

Programa matutino

Na xornada do sábado as portas de Palexco abriranse ás 10.00 horas. Ás 10.15 horas comezará o ciclo de conferencias matutino con Xavi Castro Gacio, que abordará a fisioloxía do exercicio co título “As zonas de adestramento". Significado fisiolóxico e aplicacións para adestrar”. O relator é licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, coordinador da Unidade de Exercicio e Saúde do Centro Médico Kirón e da Unidade de atención ao deportista así como adestrador de atletas. Ás 11.15 horas será a quenda de Ricardo Rey, deportista, triatleta, ultrafondista e co-fundador de NoSportLimit, club deportivo que forma grupos de adestramento en tríatlon, ciclismo e atletismo ademais de distribuidores oficiais da marca de alimentación Victory Endurance para Galicia. Compartirá connosco as súas ideas co título “Mellora como runner co adestramento cruzado“.

Francisco Ruiz Molina será o último protagonista da mañá. O atleta, que será lebre en Coruña42 en 3h30, é licenciado en Psicoloxía pola Universidade de Granada e Técnico Superior en Coaching Deportivo. O seu relatorio versará sobre a motivación e superación persoal, explicará as 12 claves para derrotar o maratón e presentará o seu libro “Mejorar es posible”. www.mejoraresposible.com

Para finalizar a mañá e cargarse de enerxía, ás 13.00 realizarase a apertura de portas da Pasta Party Palexco cuxo horario se estenderá ata as 16.30 h. Un evento culinario de primeiro nivel, no que os corredores tanto do Maratón Atlántica como da 10k poderán gozar, xunto aos seus acompañantes dun menú preparado por Cambalache, e cargarse de hidratos de carbono, compoñente enerxético vital para os atletas.

Programa vespertino

A xornada da tarde comezará ás 16.30 horas coa conferencia de Eliana Oliveros, Life Trainer! Practitioner en Programación Neurolingüística e Coach especialista en fomentar a actitude e o empowerment como panca de cambio e éxito. Oliveros descubrirá as 3 claves principais para gañar a carreira da túa vida. Ás 17.30 horas o Colexio Oficial de Fisoterapeutas de Galicia poñerá a un dos seus expertos á nosa disposición, para falarnos do "Arrefriado tras a carreira". Para finalizar a intensa xornada, contaremos cunha mesa redonda na que os relatores debaterán sobre “Aspectos fundamentais do adestramento do corredor”. Éstará formada por Andrés Díaz, récordman de Europa de 1.500 metros en pista cuberta, licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte e Persoal Training; Bernardo García, corredor popular con experiencia en maratóns de Nova York, Berlín, Ámsterdam, Praga, Viena ou Budapest e medalla de bronce en 2007 no Campionato do Mundo de veteranos e Miki Acosta ex-internacional en triathlon e Adestrador ITU.

Todos estes argumentos fan obrigada a visita á ExpoRunning do Maratón Atlántica Coruña42, unha feira do corredor repleta de actividades que buscará un ano máis ofrecer as maiores facilidades aos seus atletas.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión