Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

12 de maio de 2016

A décima edición do Tríatlon Riazor congregará a máis de 300 deportistas populares e federados o martes 17 no Paseo Marítimo

A realización da proba provocará modificacións na circulación do tráfico desde as 9.30 ata as 14.00 horas

O vindeiro martes 17 a enseada do Orzán acollerá a decana das probas locais que combina natación, ciclismo e carreira a pé. O X Tríatlon Riazor congregará a 320 deportistas nas distintas probas que se celebrarán arredor do Paseo Marítimo desde as 10.00 horas da mañá, entre as que se atopan unha carreira popular e a clasificatoria para o Campionato Galego deste deporte. A competición, organizada polo Club Tríatlon Coruña coa colaboración do Concello, terá a súa saída, meta e zona de transición na zona da praia de Riazor, xunto ás Esclavas. O  primeiro segmento da proba será nas augas da mesma praia, mentres que o segundo tramo, que as e os atletas percorrerán en bicicleta, transcorrerá desde a glorieta do Millenium ata o cruzamento da Avenida Barrié de la Maza coa rúa Curros Enríquez. O último segmento do X Tríatlon Riazor será a carreira a pé, e celebrarase polas avenidas de San Roque de Afora e Gerardo Porto.

En total serán catro probas, nas que se distinguen as modalidades popular, sen corte masculina e as probas de élite masculina e feminina, tendo estas tres últimas o mesmo circuíto. Mentres que carreira popular constará de 300 metros de natación, 10,6 km en bicicleta (con 2 voltas ao circuíto) e 2,5 km de carreira a pé (1 única volta), a proba federada será o dobre - modalidade sprint-, con 750 metros de natación, 21,2 km en bicicleta (4 voltas) e 5 km de carreira a pé (2 voltas).

O X Tríatlon Riazor comezará as 10.00 horas -previo control de material- coa saída da proba popular. A continuación, terá lugar o inicio da carreira masculina sen corte, ás 11.00 horas e, ás 12.20 horas, comezará a masculina con corte, na que os atletas disporán de 55 minutos para rematar os dous primeiros segmentos. Finalmente, a saída da proba feminina federada será ás 12.30 horas.

Cortes de tráfico e modificación de itinerarios

O desenvolvemento da proba provocará o corte total do tráfico no Paseo Marítimo, desde o cruzamento da Avenida Pedro Barrié de la Maza coa rúa Curros Enríquez ata a glorieta do obelisco Millenium, durante toda a do martes 17, desde as 9.30 ata as 14.00 horas, hora de finalización do Tríatlon. Manteranse as conexións da Avda. da Habana cara Calvo Sotelo e Rubine; así coma as da rúa Alta coa rúa Socorro, e da rúa Sol con Hospital. Nos disintos pasos peonís do Paseo, situarase persoal da organización e membros da Policía Local para permitir o tránsito seguro da veciñanza durante as probas de ciclismo e carreira a pé.

Por outra banda, as liñas de transporte público urbano cuxo percorrido inclúa o Paseo Marítimo -3, 3A, 4, 5, 6, 7 e 11- tamén modificarán o seu itinerario habitual nos distintos tramos afectados pola celebración da proba.

As liñas 3, 3A e 7, desde a Avenida da Habana, circularán por Calvo Sotelo, Alfredo Vicenti e Praza de Pontevedra, onde as liñas 3 e 7 recuperarán o seu su itinerario habitual; mentres que a 3A continuará polas rúas San Andrés e Sol. Ata a finalización da proba, continuará o seu percorrido por Hospital, Praza de España, Orillamar e Manuel García Canzobre ata Adormideras. A liña 3 tamén sufrirá modificacións no sentido Adormideras - Praza de Pontevedra polo que, desde a glorieta das Lagoas, circulará pola Avenida de Hércules, Torre, Praza de España, Panaderas, San Andrés e Praza de Pontevedra, onde recuperará o seu itinerario.

As celebración da proba tamén obrigará as liñas 4, 6, 6A e 11 a mudar o seu percorrido, que desde a Praza de Pontevedra continuarán pola rúa San Andrés e Sol. Na rúa Hospital, as liás 4, 6 e 6A retomarán o itinerario, mentres que a liña 11, continuará por Hospital, Praza de España, Avenida de Navarra e Ronda de Monte Alto ata a glorieta das Lagoas, onde recuperará o percorrido habitual.


 

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión