Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

19 de maio de 2015

A Coruña realiza o 31 de maio a V Carreira En marcha contra o cancro

O diñeiro recadado nas inscricións, que se poden realizar a través da web www.championchipnorte.com, destinarase á investigación desta enfermidade.

O Concello da Coruña, a través da Área de Deportes que dirixe Francisco Mourelo, informa de que o domingo 31 de maio a cidade acolle a V Carreira En marcha contra o cancro, unha proba para todas as idades e que ten un fin benéfico-social: o diñeiro recadado destinarase á investigación e á realización de programas relacionados con esta enfermidade.

O Concello coruñés colabora co Club do Corredor e a Asociación Española Contra o Cancro (AECC) na realización desta carreira. O concelleiro de Deportes reuniuse co resto de organizadores. Os participantes distribuiranse en cinco probas:

  • 11.00 horas. Carreira absoluta (aproximadamente 5.300 metros).
  • 11.50 horas. Camiñada Solidaria (aproximadamente 2.000 metros).
  • A partir das 12.15 horas serán as probas dos máis pequenos: a carreira de pitufos (aproximadamente 200 metros), nacidos entre 2008 e 2011; a carreira de benxamíns e alevíns (aproximadamente 500 metros), nacidos entre 2004 e 2007; e a carreira de infantís e cadetes (aproximadamente 1.500 metros), nacidos entre os anos 2000 e 2003.

Todas as persoas participantes deberanse presentar na liña de saída polo menos con 20 minutos de antelación á súa proba. A saída terá lugar no paseo marítimo de Riazor: o punto de presentación será a explanada xunto ao Palacio de Deportes. Os dorsais e chips entregaranse a mesma fin de semana da carreira no Palacio dos Deportes: de 11.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas, o sábado 30 de maio; e de 09.00 a 10.30 horas, o domingo. Entregarase unha camiseta conmemorativa aos 3.000 primeiros inscritos. A posterior entrega de premios será na propia explanada de Riazor a partir das 12.30 horas.

As inscricións pódense realizar a través da web www.championchipnorte.com ata as 00.00 horas do 26 de maio. Para a marcha solidaria tamén se poderá facer de maneira presencial o venres 29 pola tarde e o sábado 30 de maio durante todo o día no Palacio de Deportes de Riazor. As cotas de inscrición son as seguintes:

  • 3 € para a carreira de pitufos.
  • 4 € para as carreiras de benxamín-alevín e de infantil-cadete.
  • 7 € para a carreira absoluta, máis 2 euros polo alugueiro do chip.
  • 4 € para a Marcha Popular Solidaria.
  • Dorsal solidario: poderase adquirir de maneira individual polo prezo de 5 euros por unidade e en paquetes de 1, 2, 4 e 10 unidades.

Os beneficios obtidos na V Carreira En marcha contra o cancro dedicaranse á investigación e aos programas que realiza a Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión