Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

15 de marzo de 2013

A Concellería de Deportes empezou a preparar a proba, que será o domingo 22 de setembro.

A Coruña intégrase no circuíto de Carreiras da Muller para recadar fondos contra o cancro de mama.

A Concellería de Deportes e Xuventude anuncia que A Coruña será unha das sedes do circuíto de Carreiras da Muller que este ano chegará a oito cidades de toda España. Será a primeira sede fixa deste evento solidario en Galicia.

O departamento municipal que dirixe Francisco Mourelo empezou a preparar esta proba na que, ademais de recadar fondos para a loita contra o cancro de mama, permite sensibilizar a poboación sobre esta enfermidade e sobre a necesidade de avanzar no seu tratamento para salvar a vida de miles de mulleres.

A Coruña convértese na primeira sede fixa en Galicia da Carreira da Muller e súmase a unha selecta lista formada por outras sete grandes cidades españolas (Valencia, Madrid, Vitoria, Xixón, Sevilla, Zaragoza e Barcelona). As rúas da cidade coruñesa acollerán un percorrido que a Concellería de Deportes empezou a preparar cos organizadores da Carreira da Muller, unha proba solidaria que se realizará o domingo 22 de setembro. A Coruña será a quinta carreira do circuíto nacional do 2013, que arrinca o próximo 21 de abril en Valencia e finaliza en Barcelona o 10 de novembro.

O Goberno municipal decidiu formar parte do circuíto da Carreira da Muller porque se trata dunha das probas populares e con fins solidarios que máis interese e ilusión esperta entre os participantes.

O Concello da Coruña confía en que esta iniciativa axude a recadar fondos para o tratamento e a curación do cancro de mama -a organización prevé recadar polo menos 50.000 euros en doazóns en toda España- e a concienciar sobre esta enfermidade, ademais de fomentar a actividade deportiva entre a sociedade, especialmente entre a mocidade.

Máis participación

A Concellería de Deportes asegura que a participación das mulleres nas probas que se organizan na cidade aumentou nos últimos anos, polo que a adhesión da Coruña ao circuíto de Carreiras da Muller pode contribuír a medio prazo a incrementar o número de corredoras.

O departamento que dirixe Francisco Mourelo destaca que as mulleres que participan en Coruña10 pasaron das 9 no ano 2007 ás 259 no 2012, mentres que no medio maratón Coruña21 as mulleres participantes aumentaron un 81% dende o 2010, ata as 80 mulleres na proba disputada no 2013. O ano pasado, 238 mulleres competiron nas carreiras populares dos Rosales, Novo Mesoiro e Torre de Hércules, é dicir, o 14% dos participantes.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión