Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

6 de outubro de 2013

A Coruña gozou da súa gran festa do atletismo

Alejandro Fernández e María Yolanda Gutiérrez repetiron triunfo absoluto nunha proba na que todos os participantes festexaron superar a meta e algún desafío particular.

A VII edición da Carreira Coruña10 converteuse de novo nunha gran festa do atletismo popular e de competición na que se deron cita máis de 3.500 deportistas. Dende primeira hora da mañá, baixo unha espesa néboa e con frío, preparouse na zona do Obelisco e os Xardíns de Méndez Núñez toda a infraestrutura necesaria para albergar o que se converteu no evento deportivo de participación popular máis multitudinario dos organizados na cidade. O sol e as temperaturas agradables fixeron acto de presenza para o quecemento e a saída dos 2.635 inscritos na proba absoluta ás 11 da mañá.

Tras o pistoletazo a cargo de Francisco Mourelo, concelleiro de Educación, Xuventude e Deportes do Concello da Coruña, todos os participantes enfilaron a Avenida da Mariña para iniciar o percorrido ao circuíto homologado de 10 quilómetros. Unha vez superado o paseo marítimo entre A Maestranza e As Esclavas os atletas pasaron polo control intermedio. Nese punto de rexistro, situado na Casa da Auga, o desenlace da carreira xa estaba escrito. A vantaxe que os ourensáns e compañeiros do New Balance Team, Alejandro Fernández e Yolanda Guitiérrez, conseguiran abrir sobre os seus principais rivais foi suficiente para ambos. Cun ritmo moi alto conseguiron manter as diferenzas ata a liña de meta e reeditar os seus triunfos do ano pasado. Fernández, cun tempo de 29:46, entrou por diante dos seus compañeiros de equipo Lolo Penas (30:09) e Manuel Hurtado (30:30), mentres que Gutiérrez marcou un crono de 34:47 e impúxose a dúas atletas do Bikila: Solange Pereira (35:26) e Paula Mayobre (35:33).

Por detrás deles outros 2.412 atletas finalizaron a proba (2.080 fixérano na edición 2012 de Coruña10). E á conclusión: avituallamento, o coidado para os lesionados por parte dos profesionais do Colexio de Fisioterapeutas e a reunión multitudinaria cos compañeiros de fatigas e os familiares que acompañaron os corredores dende o exterior do percorrido.

Tras a carreira absoluta chegou a quenda para que os menores se enfrontasen ao circuíto instalado entre os Cantóns e a Mariña, percorrendo diferentes distancias en función das súas idades: dende os 17 anos dos xuvenís ata o ano escaso de Martina, a última pitufa en cruzar a liña de meta dando os seus primeiros pasos da man do seu pai. En total case 1.000 nenos e nenas déronse cita para participar no Coruña10 máis multitudinario de cantos se realizaron e que concluíu coa entrega de trofeos aos gañadores de cada unha das categorías disputadas.

Pódiums:

Absoluto masculino:

  1. Alejandro Fernández 29:46
  2. Manuel Penas 30:09
  3. Mauel Hurtado 30:30

Absoluto feminino:
  1. María Yolanda Gutiérrez 34:47
  2. Solange Pereira 35:26
  3. Paula Mayobre 35:33

Veteranos 60+ masculino:
  1. Domingo Álvares 43:17
  2. Santiago Losada 44:11
  3. Jesús Raña 44:34

Veteranas 60+ feminino:
  1. María Luisa Armesto 47:53
  2. Marí Luz Sanmartín 49:47
  3. Pilar Marquiz 54:32

Veteranos 50-59:
  1. Andrés Pena 35:32
  2. Emilio Martínez 35:340
  3. José Luis Bouza 35:53

Veteranas 50-59:
  1. Luz María Domínguez 44:20
  2. Rosa María de Paz 44:36
  3. María Jesús Río 48:26

Veteranos 41-49:
  1. Jesús de la Fuente 31:23
  2. Ramón Serantes 33:16
  3. José Antonio Veloso 33:52

Veteranas 41-49:
  1. María Soledad Castro 37:54
  2. Sonia Teijeiro 38:04
  3. María Cabadas 40:17

Veteranos 35-40:
  1. Manuel Penas 30:09
  2. Francisco Rodríguez 32:50
  3. Apdelkader Bouguerroudj 33:11

Veteranas 35-40:
  1. Luz Cerdido 42:18
  2. Lucía Armesto 43:25
  3. Susana Rial 43:57

Sénior masculino:
  1. Alejandro Fernández 29:46
  2. Manuel Hurtado 30:30
  3. David Solís 30:49

Sénior feminino:
  1. María Yolanda Gutiérrez 34:47
  2. Solange Pereira 35:26
  3. Paula Mayobre 35:33

Promesa masculino:
  1. Abdelaziz Fathi 32:53
  2. Martín Tahín 34:43
  3. Manuel Mediero 36:06

Promesa feminino:
  1. Leticia Fernández 36:24
  2. Uxía García 39:54
  3. Iria Castro 41:39

Júnior masculino:
  1. Youssef Kouaou 33:38
  2. Olaf Araujo 34:00
  3. Sergio Rodríguez 34:36

Júnior feminino:
  1. Evelyn Montes 54:47
  2. Verónica Castro 1:03:01
  3. Andrea Cordero 1:03:01

Xuvenil masculino:
  1. Ero Doce 11:12
  2. Jorge Puig 11:13
  3. Sergio González 11:28

Xuvenil feminino:
  1. Uxía Pérez 12:29
  2. María Abeledo 15:01
  3. Ruth Seoane 15:13

Cadete masculino:
  1. Tariku Novales 11:09
  2. Adrián Vázquez 11:51
  3. Alejandro Díaz 12:45

Cadete feminino:
  1. Iria Rodríguez 13:06
  2. Iria Causín 13:34
  3. Elba Vélez 13:45

Infantil masculino:
  1. Arturo Ramos 12:27
  2. Daniel Ríos 12:36
  3. Diego Martínez 13:38

Infantil feminino:
  1. Marta García 13:54
  2. Raquel Ruíz 14:23
  3. Helena Torreiro 14:26

Alevín masculino:
  1. Pablo Freire 04:03
  2. Daniel Mato 04:05
  3. Gabriel Núñez 04:07
Alevín feminino:
  1. Marta Vilas 04:35
  2. Alba Méndez 04:40
  3. Lucía Seoane 04:44
Benxamín masculino:
  1. Aarón Barreto 04:30
  2. Pablo Barrán 04:37
  3. Sergio Soto 04:41
Benxamín feminino:
  1. Deki Mato 04:39
  2. Sonia Rivadulla 04:47
  3. Paula Pérez 05:01

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión