Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

20 de maio de 2013

Está aberta a todas as idades

A Coruña acolle o domingo a III edición da carreira Contra o cancro… Corre!

O Concello da Coruña, a través da Concellería de Deportes, informa de que, o vindeiro domingo, 26 de maio, ás 11.00 horas na explanada de Riazor, realízase a terceira edición da carreira Contra o cancro… Corre! organizada polo Concello da Coruña en colaboración coa Fundación FEDYS e Básquet Coruña.

A proba deportiva está dirixida a todas as persoas que o desexen, de todas as idades e condicións físicas, e os beneficios obtidos destinaranse á investigación e programas que realiza a Xunta Provincial da Coruña da Asociación Española Contra o Cancro. 

Establecéronse diferentes categorías, horarios e distancias. En todas haberá clasificación masculina e feminina, excepto a marcha, que será conxunta:

  • 11.00 horas: Carreira de minis de 300 metros de lonxitude (nenos e nenas dende que camiñan ata os nados despois do 2004). Carreira de menores de 700 metros (dividida á súa vez en benxamín, alevín, infantil e cadete que engloba a nenos e nenas nacidos entre 1998 e 2005).
  • 11.25 horas: Lectura do Manifesto na liña de saída e posterior solta de pombas.
  • 11.30 horas: Marcha popular solidaria. 3.000 metros.
  • 12.00 horas: Carreira de maiores (inclúe as categorías xuvenil, nacidos en 1996 e 1997; absoluta, para nados antes de 1995 e ata 35 anos; veteranos 1, entre 36 e 54 anos; e veteranos 2, de 55 anos en diante). Terá unha lonxitude de 5.000 metros.

Os participantes teñen que estar na liña de saída 20 minutos antes da proba. A saída terá lugar no paseo marítimo de Riazor, na zona do Playa Club, e o percorrido transcorrerá en dirección ao Millennium.

Os interesados poden realizar a inscrición en liña a través da web da Federación Galega de Atletismo, www.atletismogalego.org ata o vindeiro mércores, ou de forma presencial o xoves 23, venres 24 e sábado 25 de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00  no Palacio dos Deportes de Riazor.

Os prezos varían segundo a modalidade e van dos 3 aos 6 euros.

A entrega de dorsais efectuarase no Palacio dos Deportes de Riazor durante o venres 24 e sábado 25 nos mesmos horarios mencionados, ademais do propio día da proba ata unha hora antes da súa saída.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión