Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

23 de xullo de 2014

A Carreira Popular de Ventorrillo en Cancha Júnior da TVG

O pasado 13 de xullo realizábase a II Carreira Popular de Ventorrillo, penúltima cita do circuíto Coruña Corre. O programa Cancha Júnior, da segunda canle da Televisión de Galicia, dedicounos unha reportaxe para que poidamos lembrar as experiencias vividas.

O 13 de xullo o II Circuíto Municipal de Carreiras Populares Coruña Corre, internouse no barrio do Ventorrillo, co fin de realizar a segunda edición da súa carreira, que non só transita por este barrio, senón que tamén se introduce nos da Silva e Penamoa.

Non faltaron á cita os reporteiros de Meiga Audiovisual, para producir unha reportaxe que foi emitida pola segunda canle da Televisión de Galicia, dentro do seu programa dedicado ao deporte de base Cancha Júnior.

Desta forma temos un documento gráfico do inicio de consolidación dunha cita que, na súa segunda edición, duplicou os seus participantes. Algúns deles foron protagonistas non só polos seus resultados na carreira, senón polas entrevistas que se levaron a cabo e que formaron parte da crónica da popular de Ventorrillo.

Gocemos coa reportaxe mentres esperamos que chegue a Volta a Oza, coa que poñeremos a guinda final ao segundo Coruña Corre.

Acceda a través deste enlace ao vídeo da carreira.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión