Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

14 de novembro de 2014

A Carreira dos Rosales marcou o inicio do terceiro Coruña Corre e aquí tedes o seu vídeo oficial

O pasado 19 de outubro deuse o pistoletazo de saída da terceira edición do Coruña Corre. Os Rosales acolleu a súa popular, co soporte técnico do Club Coruña Comarca e a colaboración da Asociación de Empresarios. Convidámosvos a gozar coa reportaxe e rememorar con iso as sensacións vividas durante a carreira.

O 19 de outubro foi a data da III Carreira Popular dos Rosales, punto de partida do circuíto municipal de carreiras populares. Alí estiveron, do mesmo xeito que en anteriores citas, o equipo de Meiga Audiovisual, para producir unha reportaxe que nos permitirá revivir a carreira.

Non pode haber mellor testemuña da que foi o inicio do circuíto Coruña Corre cun novo récord de participación, tanto a nivel individual como por equipos mixtos e familiares. Ademais de seleccionar as mellores imaxes da proba poderedes gozar das entrevistas aos primeiros clasificados, así como a algúns dos conxuntos que participan na clasificación por equipos, os cales duplicaron o seu número respecto da temporada anterior.

En próximos días poderemos ofrecervos a reportaxe relativa á Carreira Popular de Novo Mesoiro.

Acceda a través deste enlace ao vídeo da carreira.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión