Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

22 de outubro de 2013

A carreira dos Rosales duplica todos os seus números de hai un ano

A estrea do II Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre supuxo un salto espectacular nas cifras de participación nesta proba que realizou a súa segunda edición. Practicamente todos os parámetros analizados sitúanse no dobre dos rexistros de hai un ano, animando a organización a seguir traballando para manter esta resposta dos atletas ante as carreiras que se organizan na cidade.

Dos 1.681 atletas inscritos en todas as categorías para a primeira proba do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, 1.314 completaron o trazado deseñado para a súa correspondente idade, o que significa que case o 80 % dos inscritos (78,16 %) tomaron parte na proba e cruzaron a liña de meta.

Esta é unha das cifras que se pode extraer duns rexistros finais que demostran que a carreira dos Rosales dobrou practicamente todos os seus rexistros da anterior edición. Xa o incremento de inscritos foi dun 147 %, pasándose dos 680 do 2012 aos 1.681 deste ano. En categoría de adultos este domingo cruzaron a liña de meta 821, fronte aos 388 da primeira edición, nun aumento dun 111 %. Deses 821, 172 foron mulleres (un 21% do total ante o 13 % do ano pasado).

O aumento máis espectacular, e sen dúbida un dos máis motivantes, é o de pitufos (nenos e nenas de entre 1 e 6 anos) que pasaron dos 83 aos 217 (+134), un 161 % máis que na estrea. Os benxamíns e alevíns pasaron de 76 a 164 (+88: +115 %) e os infantís foron os que menos aumentaron, de 31 a 48 (+17: +54%). Os xuvenís e cadetes presentes foron 64, fronte aos 25 do ano pasado (+39: +156 %). En números totais, os corredores que completaron o percorrido: 1.314, supoñen un 118 % máis có ano pasado no que cruzaron a liña de meta 603 atletas. Todas as cifras son polo tanto positivas e, excepto o caso dos infantís participantes, absolutamente todas, como pouco, duplican as de hai un ano.

Estes datos supoñen unha gran recompensa para todas as persoas e institucións que apostaron por organizar este circuíto e que, con estas cifras, reforzan a súa vontade de seguir mellorando en todo o posible para non deixar de crecer e satisfacer a todos os atletas.

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión