Concello da Coruña

Concello da Coruña

Cando:

29 de xuño de 2014

A Baixada de San Pedro crece co Coruña Corre

Kader Bouguerroudj e Sofía Fernández impóñense na Baixada Popular de Cros de San Pedro de Visma. Non obstante a gran noticia é que se duplica a participación total respecto da pasada edición, e practicamente triplícase no caso das mulleres.

Ás dez e media da mañá dábase a saída da carreira absoluta da VII Baixada Popular de Cros de San Pedro de Visma. Dende un primeiro momento observouse que Abdelkader Bouguerrudj ía marcar un ritmo forte en aras de conseguir a terceira vitoria en catro citas do Coruña Corre. Iniciaba, xa destacado, a subida cara ao Parque de Bens e o zig zag continuo polo seu interior, para aparecer de novo na recta de meta en primeira posición. Seguiríalle a continuación Manuel Oliver, calcando así os seus postos na clasificación xeral do circuíto, onde tamén ocupan as dúas primeiras posicións.

Entre as mulleres foi Sofía Fernández a primeira en cruzar a meta, seguida de preto por Noemí Moral e Felicidad López. Con todo, a gran noticia desta mañá foi o considerable crecemento de participantes, especialmente na categoría feminina onde se triplicou pasando de 38 no 2013 a 111 nesta edición.

A continuación déronse a saída ás carreiras de menores, con excepción da proba xuvenil e cadete que compartiu trazado coa absoluta. Deste xeito infantís, alevíns e benxamíns fixeron as delicias do numeroso público que se congregaba no barrio, aproveitando a aparición do sol para sumarse á festa. Sen dúbida, e como adoita ser habitual, o colofón máis esperado puxérono os pitufos, que arrincaron os maiores aplausos da mañá.

En definitiva, unha nova cita do Coruña Corre, que segue comprobando a gran saúde da cidade no que ao running se refire, e unha gran participación en quizais a proba máis dura das que compoñen o circuíto municipal de carreiras populares.

Podes consultar os reultados a través deste enlace

Botóns sociais

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión