Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Laura Fernández Bellón

Laura Fernández, voluntaria en "Lecturas de ti a ti"

Lecturas de ti a ti é unha actividade desenvolvida pola Biblioteca Ágora que consiste na lectura en voz alta, por parte dunha persoa voluntaria, dun texto de forma individual, de ti a ti. Ao finalizar as lecturas, a persoa voluntaria fomentará a participación e o intercambio de impresións, tentando promover as relacións persoais e o diálogo; tratando de ofrecer un tempo de atención personalizada.

Imos coñecer a Laura Fernández Bellón, coordinadora de actividades formativas.

¿En que programa colaboras?

Colaboro no programa "Lecturas de ti a ti", que consiste en lerlle a unha persoa que está nun centro de día.

¿Por que che fixeches voluntaria?

Por mor de pasar por un momento persoal difícil, necesitaba ocupar o meu tempo libre e colaborar con algunha asociación/voluntariado paréceme unha boa forma de facelo

¿Participaches ou participas en accións similares?

Non, é a primeira vez

¿Que che achega a túa actividade como voluntaria nas Bibliotecas Municipais?

O voluntariado permitiume coñecer xente marabillosa (da organización da propia biblioteca a persoas usuarias e compañeiras voluntarias), conectar a través da lectura con persoas outros, constrúen eses vínculos... Recollo infinitamente máis do que dou: agarimo, complicidade, historias e experiencias. É un luxo poder participar nun proxecto tan bonito.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión