Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Carlos Ocampo

Carlos Ocampo, terapeuta, voluntario no programa "A hora da lectura"

A Biblioteca Ágora iniciou no ano 2016 unha liña de traballo comunitaria co Fogar de Sor Eusebia baseado na lectura e que busca sobre todo o benestar das persoas que residen nel. Ademais de achegar a biblioteca e o gozo das diferentes artes ao centro, resulta fundamental a relación persoal, a calidade dos textos, a participación dos asistentes e o respecto polos seus coñecementos e experiencia previa.

"A lectura en voz alta dá felicidade e asombrosos beneficios (...) ademais de xerar unha ponte entre lector e receptor, logrando unha conexión co texto grazas á melodía da voz, as imaxes, os personaxes e o que se conta " Lourdes Morán

Imos coñecer un pouco mellor a Carlos Ocampo, voluntario na hora da lectura.

En que colaboras?

Colaboro no programa "A hora da lectura", dirixido ao persoal masculino do Fogar Sor Eusebia.

Por que te fixeches voluntario?

Acompañar aos participantes nun momento de intercambio, de escoita, de diversión, e contribuír modestamente ao seu benestar persoal. Colaborar co programa de voluntariado da biblioteca Ágora. Compartir o meu gusto persoal polo conto, como xénero literario. Transmitir unha sensibilidade no gozo cara ao relato curto. Rescatar o conto popular en toda a súa capacidade expresiva.

Participaches en accións similares?

No pasado participei como voluntario na actividade de Conta contos na Once, e igualmente en Artefíos.

Que che achega a túa actividade como voluntario nas Bibliotecas Municipais?

Participar no programa de voluntariado da biblioteca Ágora, achégame momentos edificantes e agradables de intercambio cos participantes ao redor de relatos marabillosos, cargados de fantasía e dramatismo.


Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión