Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro "María Muñoz de Quevedo: A Escola Coral Cubana"

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

22/04/2016

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 20.00 a 22.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Contacto:

Victoria Villanueva Pousa

bestudiosl@coruna.es

981184386

Acto de presentación do libro "María Muñoz de Quevedo: A Escola Coral Cubana" por parte da súa autora Irene del Río. Será presentada por Gustavo Luca de Tena, escritor e xornalista.

A coruñesa María Muñoz de Quevedo emigrou nova a Cuba para crear, na primeira metade do século XX, unha gran deobra: a fundación do movemento coral cubano que supuxo un novo período na historia musical de Cuba.

Irene del Rio, autora do libro, é licenciada en Filoloxía Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela: foi lectora da Cátedra Galega da Facultade de Artes y Letras (FAYL) da Universidade da Habana e profesora de Cultura Galega na Sociedades Gallegas da Habana. Actualmente é profesora de Lingua Galega e Literatura no IES Castelao de Vigo.

O acto contará coa actuación do Coro de Cámara da Coruña dirixido por Julián Jesús Pérez, que interpretará 8 pezas especialmente seleccionadas para este acontecemento.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión