Encontros e presentacións
Infantil, Familias
De 3 a 8 anos
17/09/2015
Xa rematou
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
Jimena Manzano é a autora deste conto que educa as emocións reforzando o pensamento optimista, o esforzo e a escoita.
Despois de moitos anos pensando que o lobo de Carrapuchiña Vermella era o malo da historia, agora, da man de Jimena Manzano, podemos descubrir que non todo é o que parece.
Un bosque descoñecido, un lobo na busca do seu fogar... Unha historia na que coñeceremos as aventuras que sufriu o lobo e que nos conducirá a un final totalmente inesperado.
A través deste conto, as persoas asistentes aprenderán a flexibilizar o seu patrón de pensamento, axudando a manter unha mente aberta que valore todas as opcións posibles.
Queres saber ...
En que consisten os encontros e as presentacións?
Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible