Cursos e formación, Talleres
Infantil
De 8 a 12 anos
14/03/2016
Xa rematou
Dende o 07/03/2016 ata o 14/03/2016
18.30 a 20 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Ciencia, natureza, saídas e visitas, encontros con persoas expertas. Apúntate e poderás coñecer, descubrir, experimentar e divertirte.
Se che interesa a música, o cinema, a literatura, a natureza e as app`s pero, sobre todo, a lectura, esta é a oportunidade perfecta para que esas inquedanzas se transformen en afeccións.
Nas Pílulas temáticas viaxaremos por diferentes temas, converterémonos en booktubers, sumerxirémonos nas orixes do cinema, comprobaremos por que os videoxogos e a literatura en moitas ocasións van da man, e mesmo coñeceremos a importancia da natureza que nos rodea.
Que días teremos Pílulas temáticas
A que agardas para apuntarte?
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible