Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Obradoiro express de novela gráfica.

Por tipo de actividade:

Talleres

Por tipo de público:

Persoas adultas

A quen vai dirixido?:

+ de 18 anos

Cando:

Dende o 08/08/2023 ata o 10/08/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 03/08/2023 ata o 08/08/2023

Require inscrición.

Horario:

De 11.30 a 13.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal de Estudos Locais. Rúa Durán Loriga 10, 1º. 15003 A Coruña

Hashtag:

##AlbertoGuitián#NovelaGráfica#Obradoiro#Cómic#Bestudoslocais#Comictecas

Contacto:

Biblioteca de Estudos Locais

981 184386

bestudiosl@coruna.gal

Obradoiro express de novela gráfica impartido polo ilustrador Alberto Guitián.

Obradoiro Express de Novela Gráfica

Neste obradoiro achegarémonos ó proceso creativo do comic e ós diversos enfoques e temáticas da novela gráfica actual. Cada asistente fará un pequeno proxecto persoal de BD en 3 etapas: o concepto (idea e plantexamento), o relato (técnicas narrativas), e o debuxo (solucións gráficas).

Cada quén traerá o material de debuxo que prefira (papel ou tablet)

Este obradoiro será impartido por Alberto Guitián.

Alberto Guitián é licenciado en Belas Artes pola Universidade de Vigo.

 Fai ilustración para carteis, portadas, produto, libros e publicidade. Colaborador nas revistas de humor Mongolia, El Jueves, Mister K, Retranca e O Botafumeiro, tamén realiza fondos e storyboards de animación. Ten impartido máis de 50 obradoiros e clases maxistrais de BD e ilustración en Galicia e Cataluña.

Foi coordinador da Guía Ninja do ilustrador da AGPI. Ten publicado os volumes monográficos de BD e ilustración Fito & Pita (Retranca, 2009), Petaco (Diábolo, 2010; edición en francés en 2013),El Circo Lorza (Dibbuks, 2011) e Solo tinta (Polaqia, 2012).

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión