Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Encontro con Miguelanxo Prado

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Xuvenil, Persoas adultas

Cando:

31/10/2016

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 18:30 a 20:00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Os Rosales. Praza Elíptica 1, 1º. 15011 A Coruña

Contacto:

Encontro dos clubs de lectura "Café con libros" co autor de cómics Miguelanxo Prado.

O luns 31 de outubro teremos a oportunidade de conversar co Director do Festival Viñetas desde O Atlántico.

No curso pasado limos e debatimos sobre o seu "Ardalén", Premio Nacional de Cómic no 2013 e entusiasmounos. Estamos desexando poñer en común co seu autor as nosas apreciacións e inquedanzas. Pero non deixamos de ler obras del: "Trazo de xiz", "De Profundis", "Quotidiania delirante", e tantos cómics máis... Falaremos tamén do Festival Viñetas desde O Atlántico, a punto de cumprir os seus 20 anos de historia pero tamén queremos coñecer o programa do que vai ser o I Encontro Internacional de Cadernos de Viaxe Compostela Ilustrada, do que tamén é o Director.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión