Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Encontro coas bookstagramers Littera Lupa e Surfeando libros polo Día da Biblioteca

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións, Clubs

Por tipo de público:

Xuvenil

A quen vai dirixido?:

De 12 a 16 anos.

Cando:

24/10/2023

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 17/10/2023 ata o 24/10/2023

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 18:30h a 20:00h.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña

Contacto:

bduranloriga@coruna.gal

Tel.: 981 184 388

Co gallo da celebración do Dia da Biblioteca que este ano ten como lema: "Tecendo comunidades" celebraremos un encontro para a xuventude con dúas bookstagramers: @littera_lupa e @surfeandolibros.

Irene (@surfeandolibros) e Violeta (@littera_lupa) son dúas bookstagramers e influencers literarias coruñesas que falan en Instagram de literatura e recomendan os seus títulos favoritos.

Como boas bookstagramers contaxian paixón polas letras a milleiros de persoas, e iso veñen a facer a tarde do 24 de outubro á Biblioteca Durán Loriga.

Neste encontro falarán e debatirán ca rapazada asistente arredor do libro, das redes sociais e do momento que viven as reseñas dixitais; así como da súa traxectoria no mundo da literatura. 

Ademáis, se che apetece ler, facer amigos e charlar utilizando un bo libro como excusa podes anotarte tamén ao noso club de lectura xuvenil: ElClú.

Tamén che pode interesar

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión