Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Ciclo de concertos: En clave de Á

Por tipo de actividade:

Concertos e recitais

Por tipo de público:

Para público en xeral

Cando:

08/02/2024

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade.

Horario:

De 19.30 a 20.30 horas.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Lugar Gramela 17. 15011 A Coruña

Hashtag:

#EnClavedeA

Contacto:

Correo electrónico: bagora@coruna.gal

Teléfono: 981 189 886

Achégate a gozar da música en directo na Biblioteca Ágora e aproveita para botarlle un ollo á selección de música!

O ciclo de concertos "En clave de Á" naceu como unha colaboración entre a Asociación de Estudantes do Conservatorio Superior de Música da Coruña e a Biblioteca Ágora para ofrecer a música de solistas e grupos de cámara do CSM nun espazo diferente.

Con esta colaboración queremos dar a oportunidade ao alumnado de que ensaien o seu repertorio con público real e ás nosas usuarias e usuarios de que gocen do espectáculo da música en directo entre libros.

Programa concerto 8 febreiro

  • Pascual Piqueras: De Cai (7'). Interpreta a peza:
    • Quinteto Caos, composto por: Sara Piñeiro Rivas (trompeta), Xabier Vázquez Gutiérrez (trompeta), Pablo Pazos Rial (trompa), Antía Pardo López (trombón) e Daniel Varela Agra (tuba).
  • Esteban Batallán: Brassodia (6'). Interpreta a peza:
    • Quinteto Caos.
  • Shostakovich: Sonata para violonchelo e piano, movs. 1 e 2 (20'). Interpreta a peza:
    • Dúo Shostakovich, formado por Esther Fernández González (violonchelo) e Sabela Alvariño González (piano).
  • Leonard Bernstein: Dance Suite (6'). Interpreta a peza:
    • Quinteto Caos.

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión