Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Charla: A desaparición da noite

Por tipo de actividade:

Charlas e debates

Por tipo de público:

Para público en xeral

A quen vai dirixido?:

Todos os públicos

Cando:

12/12/2016

Entrada libre ata completar a capacidade

Xa rematou

Horario:

de 19 a 20.30 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es
981184298

Charla sobre contaminación luminosa elaborada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío na que se explora o impacto na saúde e no medio ambiente do abuso da luz artificial pola noite.

Charla sobre contaminación luminosa elaborada pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Apoiada cunha mostra que dura dende o día 1 de decembro ata o 6 de xaneiro a través de seis paneis de gran formato profusamente ilustrados. A contaminación luminosa produce impacto no medio ambiente e na saúde humana e ataca o xigantesco patrimonio cultural que nos proporciona a noite. Que implica para nós a desaparición da noite das nosas vidas? A charla a cargo da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío procurará respostas a esa pregunta e reflexionará sobre a perda da escuridade dende a arte e a ciencia.

Queres saber ...

  • Charlas, conferencias e debates

    En que consisten as charlas?

    Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.

    Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.

    Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.

    Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.

    Máis información

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión