Visita o álbum de fotos desta actividade
Charlas e debates, Outras actividades
Persoas adultas
25/05/2016
Xa rematou
Dende o 18/05/2016 ata o 25/05/2016
De 19.00 a 20.30 horas
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Para todas as persoas que queiran saber máis sobre outro tipo de pedagoxía
Dentro do ciclo con alternativas prácticas que facilitan a transición a un estilo de vida sostible, facendo fincapé en aspectos tan básicos como a alimentación, a hixiene, o traballo ou a educación, presentámosche "SIMPLEmente EDUCA", outro dos encontros dentro do ciclo "SIMPLEmente VIVE", a nosa proposta para neutralizar o asfalto, a présa e a desconexión na que vivimos e experimentar sinxelamente unha VOLTA Á ORIXE.
Nun ambiente relaxado e moi coidado, nun xardín de infancia Waldorf, os nenos e nenas coidan da horta, modelan, fan pan ou pasean polo bosque, facendo da escola unha prolongación da vida cotiá no fogar.
Con Cristina Feijóo, mestra do Xardín de infancia Waldorf-Steiner San Xoán.
Queres saber ...
É un programa das Bibliotecas Municipais que busca fomentar entre a cidadanía da nosa área de influencia prácticas sostibles e respectuosas co medio ambiente dando a coñecer actitudes e comportamentos alternativos nos distintos aspectos da actividade humana.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible