Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

As bibliotecas municipais de Durán Loriga e o Fórum Metropolitano acollerán obradoiros infantís e contacontos de Nadal entre o 20 e 27 de decembro

Cuándo:

13 de diciembre de 2023

Hoxe abriuse o prazo de inscrición na primeira das actividades previstas: o contacontos ‘Regalos’, de Estrella Ortiz, ideado para nenas e nenos de 3 a 5 anos. Terá lugar o día 20 en Durán Loriga

Coas festas de Nadal xa ás portas, o Concello reforza a súa programación cultural con vistas á última quincena do ano, na que cobrarán protagonismo as Bibliotecas Municipais, con obradoiros infantís e contacontos ideados para as nenas e nenos en idade de 3 a 8 anos.

As actividades, que se levarán a cabo entre os días 20 e 27 de decembro, terán lugar nas bibliotecas de Durán Loriga e o Fórum Metropolitano. A asistencia será de balde, con inscrición previa. Neste sentido, os prazos de solicitude para participar nas actividades infantís iranse habilitando entre esta semana e a vindeira, de forma progresiva.

A este respecto, hoxe abriuse o prazo de inscrición na primeira das actividades previstas, o Nadal de letras e xogos que inclúe un contacontos do libro 'Regalos', de Estrella Ortiz.

A programación completa, por datas e horarios, é a seguinte:

Nadal de letras e xogos: Contacontos do libro 'Regalos', de Estrella Ortiz

As e os pequenos de 3 a 5 anos poderán gozar cun contacontos, 'Regalos', de Estrella Ortiz, que achega unha historia moi propia destas datas, con ideas para agasallar as persoas máis queridas da familia.

Ao rematar o contacontos, a rapazada participará nun obradoiro, no que crearán neve e farán o seu propio boneco de Nadal.

  • Cando: 20 de decembro (18.30 horas), na Biblioteca Municipal de Durán Loriga.
  • Inscrición: desde o 13 ao 20 de decembro.

Nadal de letras e xogos: Contacontos do libro 'El festín de Navidad', de Nathalie Dargent

As nenas e nenos de 6 a 8 anos asistirán a un espectáculo de contacontos do libro 'El festín de Navidad', de Nathalie Dargent, baseada nunha historia conxunta protagonizada por un lobo, un raposo, unha donicela e unha pava. Ao remate do contacontos, terá lugar un obradoiro de decoración de Nadal no que os pequenos poderán elaborar grilandas, propias destas datas.

  • Cando: 21 de decembro (18.30 horas), na Biblioteca Municipal de Durán Loriga.
  • Inscrición: desde o 14 ao 21 de decembro.

As cousas que importan: un Nadal en familia

As nenas e nenos de 4 a 6 anos poderán gozar dun contacontos e, posteriormente, haberá un obradoiro especial para celebrar o Nadal na biblioteca do Fórum Metropolitano. A través desta actividade, as crianzas descubrirán formas de vivir o Nadal a través de xogos e historias que reflicten o espírito desta época tan especial.

  • Cando: 21 de decembro (18.00 horas), na Biblioteca Municipal do Fórum.
  • Inscrición: desde o 14 ao 21 de decembro.

Nadal de letras e xogos: Presentación do conto 'Aventura na Fraga Máxica'

O día 27 de decembro, Marita Muñiz Rial estará na Biblioteca Municipal de Durán Loriga para presentar o seu primeiro conto, 'Aventura na Fraga Máxica'. Aproveitando o evento, fará un contacontos da súa historia, así como dous obradoiros, para crianzas de 5 a 8 anos.

'Aventura na Fraga Máxica' inspírase nunha historia persoal de Muñiz Rial nas Fragas do Eume, evocada en forma de relato para concienciar sobre o importante que é coidar e preservar a natureza.

  • Cando: 27 de decembro (18.30 horas), na Biblioteca Municipal de Durán Loriga.
  • Inscrición: desde o 20 ao 27 de decembro.

Sigue buscando actividades similares...

Las inscripciones

¿Plazas agotadas y lista de espera activa? Apúntante! Te explicamos por qué. + info

Para tener en cuenta

Para el correcto desarrollo y aprovechamiento de las actividades se ruega puntualidad ya que no se podrá acceder al espacio pasados 5 minutos de la hora de inicio. 

En el transcurso de todas las actividades el personal bibliotecario realiza fotografías con el objetivo de subirlas luego a los escaparates virtuales, redes sociales y/o incluirlas en carteles o guías en los que se publicitan los programas, actividades y servicios de las bibliotecas.

Si no deseas salir en estas fotografías, por favor, habla con nosotros antes del inicio de la actividad.

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar:

Si lo prefieres, combina distintos criterios en la búsqueda avanzada o busca en un calendario

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión