Outras actividades
Para público en xeral
Dende o 18/11/2016 ata o 28/11/2016
Xa rematou
Queres poñer o teu gran de area para unha Coruña en negro contra as violencias machistas? Súmate aos "Concellos en Negro"
O obxectivo dos 'Concellos en Negro', 17 en toda Galicia, é concienciar a toda a veciñanza e expandir visiblemente unha imaxe de repulsa das violencias machistas
A Coruña en negro contra as violencias machistas conta coa adhesión de 217 entidades locais, entre as que se atopan 33 clubs deportivos, como o Real Club Deportivo da Coruña; 140 comercios e asociacións comerciais, e 44 locais de hostalería, ademais de 90 servizos e centros municipais, como son os nove mercados, centros cívicos, CMIX e as bibliotecas, entre outros.
Descarga e cubre o formulario de dereitos de imaxe, achégate a calquera das túas bibliotecas e deixa que che tomemos a túa imaxe fotográfica e recollamos as túas frases e/ou comentarios relativos á campaña.
Compártea nas redes sociais cos hashtags #CoruñaEnNegro #EnNegroContraAViolencia
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible