Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Club de lectura dixital: conscientes do noso ser

Tipo de actividade:

Clubs

A quen vai dirixido?:

Público adulto 

Require inscrición

De marzo a maio. Quincenal

En que consiste o club de lectura dixital Conscientes do noso ser?

Este club de lectura dá resposta á crecente demanda de libros e lecturas que faciliten o ser máis concientes de nós mesmas/os, dos pensamentos e das emocións propias.

A partir dos libros elixidos, cada encontro permitirá enriquecerse coa diversidade de interpretacións, reflexións e aportacións sobre a lectura compartida. Sendo este intercambio facilitador dunha maior comprensión, aprendizaxe e práctica na busca de melloras no benestar persoal.

Non require ser experta/o na lectura nin ter coñecementos previos, só boa disposición para o estar en atención, en observación e en escoita.

Todas as lecturas serán realizadas en soporte dixital e as bibliotecas facilitarán tablets en préstamo a todas as persoas que así o desexen. Para isto, debes facerte socia/a e firmar as condicións de uso que che facilitaremos na biblioteca.

Cómo participar

  • En febreiro ábrese o prazo de inscrición para participar ata maio.
  • As prazas adxudícanse por rigoroso orde de inscrición. 
  • Ponte en contacto coa biblioteca por se aínda quedan prazas libres. 

Dónde y cuándo

Lugar Día da semana Horario Frecuencia Prazas
Biblioteca Municipal Castrillón Luns 18h Quincenal 15

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión