Talleres
Infantil, Para público en xeral, Xuvenil
9 a 13 anos.
06/08/2015
Xa rematou
Dende o 30/07/2015 ata o 06/08/2015
11.00 a 14.00 horas.
Biblioteca Municipal Durán Loriga. Rúa Durán Loriga 10, Bj. 15003 A Coruña
Aplicando a técnica do Stop Motion, imos recrear a historia dun conto diante da cámara, movemento a movemento...
Internarémonos na historia, crearemos os personaxes e o escenario con todo tipo de papeis e recreamos a historia elixida diante da cámara. Valo perder?
Queres saber ...
En que consisten os obradoiros?
Actividades participativas onde pequenos/as e persoas adultas coñecerán e descubrirán algo novo.
Con periodicidade variable organizamos obradoiros coa finalidade de fomentar a creación artística ou dar a coñecer costumes, tradicións ou tendencias a través da participación de nenos/as e persoas adultas.
Máis informaciónTamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible