Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Presentación do libro "El miedo de los esclavos" de Rebeca Escribano

Por tipo de actividade:

Encontros e presentacións

Por tipo de público:

Persoas adultas

Cando:

23/01/2017

Xa rematou

Inscricións:

Entrada libre ata completar a capacidade

Horario:

De 19.00 a 20.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña

Contacto:

bforum@coruna.es

Tel.: 981 184 298

Rebeca Escribano presenta o primeiro volume de "La saga de los esclavos"

"El miedo de los esclavos", publicado por Ediciones Mouse

Por un momento o cerebro do mozo é incapaz de procesalo. Condenado á escravitude...

A partir dun rápido proceso xudicial, o mozo ao que máis tarde lle chamarán Jack, acaba nas mans dun dos nobres máis poderosos do Reino: Ramiel Roizeron, o home ao que todos alcuman como "O Conde Tolo".

Ao seu servizo como escravo, coñecerá a Leví, un asasino cuxa única meta é a supervivencia; a Noeux, a serventa persoal do conde; e a Armelle, a muller coa que está casado o seu amo e que ten grandes plans políticos que o seu marido non comparte.

Con todo, Jack non está de acordo con ser tratado como un obxecto de tortura. E fará todo o que estea na súa man para recuperar a súa liberdade. Aínda que teña que dar a vida por iso.

REBECA ESCRIBANO

Naceu un frío 22 de decembro de 1989. Non tivo tempo de encariñarse da neve e das casas colgantes que a viron chegar. Antes de que se dese conta, mudáronse a unha casa en metade do campo de Galicia. Desde ese recuncho húmido, verde e chuvioso nunha terra que respira soa e que canta se lle prestas atención, descubriu a súa paixón pola lectura.

Despois, con dezaseis anos, chegou a escritura. Escondía cada caderno e cada palabra, obsesionada con que ninguén as lese. E unha noite, ebria de emocións, drama adolescente e desamores, escribiu a súa primeira peza para un concurso. E gañou o Premio Rita Suárez de relatos curtos.

Desde ese momento, Rebeca Escribano dedicouse a escribir novelas de fantasía cargadas de argumentos desgarradores. "La saga de los esclavos" é a súa primeira obra publicada, un libro que foi madurando ao longo dos anos e que recolle o horror que pode chegar a ser vivir preso de alguén, aínda que ese sexas ti mesmo.

Queres saber ...

  • Encontros con autores e presentacións de libros

    En que consisten os encontros e as presentacións?

    Coñecer o teu escritor favorito, charlar con esa autora que acaba de presentar nova obra... Nos encontros e presentacións de libros poderás descubrir novos materiais nas nosas bibliotecas e preguntar todo aquilo que che interese directamente aos seus responsables.

    Máis información

Tamén che pode interesar

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión