Concello da Coruña

Concello da Coruña

Bibliotecas Municipais

Área de Fomento e Promoción da cidade

Pensado para vós: actividades para realizar en familia

Pensado para vós é un ciclo de actividades pensadas para realizar en familia cunha ampla programación que alberga contacontos, actividades para realizar en familia e espectáculos musicais.

Dentro desta programación contaremos con actividades destinadas a todo tipo de público.

CONTACONTOS PARA OS MÁIS PEQUENOS

Paula Carballeira: Contos e historias horribles e sorprendentes da man da escritora.

.: Xoves 09 outubro. Contos para asustar os medos. Biblioteca Fórum Metropolitano. 18.30 h

.: Venres 31 outubro. A noite de Lobishome. Biblioteca Infantil e Xuvenil. 21.30 h (+13 anos)

Polo correo do vento: contacontos deste colectivo especializado en actividades pensadas para promover a lectura, a comprensión oral e o desenvolvemento da creatividade e a expresión artística para nenos e nenas.

.: Martes 21 outubro. Periplo atlántico. Biblioteca Sagrada Familia. 18.30 h

.: Mércores 29 outubro. O tesouro do pirata Benito Soto Biblioteca Monte Alto 18.30 h

ACTIVIDADES E ESPECTÁCULOS MUSICAIS

Merenda con Pan de Millo: espectáculo de Migallas Teatro baseado no libro-disco Pan de Millo. Nel combínanse cancións e narración oral co proceso de elaboración do pan de millo como fío condutor.

.: Sábado 11 outubro. Biblioteca Os Rosales 11.30 h

: Sábado 25 outubro. Biblioteca Castrillón 11.30 h

Brinca Vai!!: baseado no Brinca Vai! de Paco Nogueiras, un libro para ler, ver e escoitar, onde se recollen 12 cancións para os 12 meses do ano, con distintos estilos musicais: techno, rock, folk, reggae...

: Mércores 15 outubro. Biblioteca Monte Alto 18.30 h

.: Xoves 16 outubro. Biblioteca Ágora 18.30 h

Canta música!: concerto-taller de contos, música e xogos levado a cabo por Pablo Díaz e Olga Kirk. Con cancións infantís e xogos bailables, ritmos básicos da nosa cultura musical e cancións do Tic-Tac e do Toc-Tac. Para nenos e nenas de 4 a 8 anos

.: Mércores 05 de novembro. Biblioteca Ágora 18.30 h

- Todas as actividades serán con inscrición previa

- A inscrición será en liña, a través dun formulario da páxina web de Bibliotecas Municipais - A inscrición abrirase unha semana antes, a partir das 10.00 h

- O número de prazas por actividades será limitada

- As actividades infantís están destinadas a nenos e nenas de máis de 4 anos

- A actividade dirixida ao público xuvenil será para maiores de 13 anos

MUSICANDO

Ademais desta programación, Pensado para vós conta co programa "Musicando" de espectáculos dirixidos ao publico familiar para nenos e nenas de máis de 4 anos. A entrada é gratuíta ata completar a capacidade.

Vai ser boa, con Migallas Teatro: Domingo 50 de outubro. Auditorio Fórum Metropolitano

Toc-Toc con Pablo Díaz e Olga Kirk: Domingo 02 de novembro. Auditorio Centro Ágora A nena e o grilo no país das apertas, con Magín Blanco: domingo 16 de novembro. Auditorio Fórum Metropolitano.

Sigue buscando actividades similares...

As inscricións

Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info

Para ter en conta

Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.

No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.

Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.

Buscador de actividades

Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:

Se o prefires, combina distintos criterios na procura avanzada ou busca nun calendario

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión