Charlas e debates
Persoas adultas, Xuvenil
+ 16 anos
24/10/2016
Xa rematou
19.30 horas
Biblioteca Municipal Sagrada Familia. Rúa Antonio Pereira 1, Bj. 15007 A Coruña
981184392
Con motivo da celebración do centenario da creación das Irmandades da Fala, a biblioteca Sagrada Familia únese aos actos conmemorativos organizados polas bibliotecas municipais con esta charla sobre a relación das Irmandades da Fala coa emigración.
Partindo de fragmentos da obra teatral "Almas Mortas" de Antón Villar Ponte -interpretados en forma de teatro lido polo persoal da biblioteca-, o conferenciante, Jorge Castro, irá explicando os lazos que unían ás Irmandades e aos seus integrantes coa Galicia da diáspora, así como a súa actitude crítica a certos aspectos e actitudes dos emigrantes.
Tamén che pode interesar
Prazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible