Charlas e debates
Persoas adultas, Xuvenil
+ 16 anos
19/11/2016
Xa rematou
De 12:20 a 13:30 horas
Biblioteca Municipal Fórum Metropolitano. Rúa Río Monelos 1. 15006 A Coruña
981184298
Na Biblioteca Forum Metropolitano celebramos o International Games Day @your library e unímonos a esta inicativa da American Library Associaton
Este ano volvemos sumarnos a esta interesante iniciativa internacional de poñer en valor os xogos nas bibliotecas. Unha iniciativa promovida por unha organización internacional do ámbito bibliotecario, a ALA (American Library Association) e que conta cunha única adhesión en todo o territorio español: a nosa!
Baixo o título "Prototipos narrativos de personaxes nos videoxogos", explicaranse os tipos de personaxes existentes na narración e como funcionan nos videoxogos, acompañando estas explicacións con imaxes e vídeos.
Charla a cargo de Diego Corzón Pereira e acompaña como asistente técnico David González Piñeiro. Ambos pertencen ao Nexo Creativo Trim Tangle.
Este nexo independente de creativos que se adica ao desenvolvemento de xogos e videoxogos como arte, sempre cun matiz experimental.
Non a perdas!
Queres saber ...
En que consisten as charlas?
Soas ou en colaboración, as bibliotecas organizan charlas, conferencias, debates. Poden ser unha boa opción para achegarse a un tema de actualidade ou de interese xeral, e unha alternativa máis para descubrir cousas novas ou afondar nas que xa coñeces, para alimentar a reflexión persoal e/ou debater e compartir con outras persoas.
Colaboramos con expertos, programamos con entidades e asociacións da nosa contorna, especializadas en ámbitos diversos e ademais, recollemos todas as suxestións que nos chegan para mellorar a oferta día a día.
Para quen queira seguir pescudando procuramos seleccionar todo tipo de materiais: libros, revistas, documentais, recursos web etc. relacionados e ofrecelos en forma de guías de lectura, mostras, seleccións de recursos ou nos centros de interese que atoparás nas bibliotecas.
Se hai algún tema que che interese, se pertences a unha organización especializada en algo concreto e queres difundir o seu coñecemento e a súa actividade, ou se sabes dun tema e estráñalo na oferta das bibliotecas envíanos a túa proposta, axudaranos.
Máis informaciónPrazas esgotadas e lista de espera activa? Apúntate! Explicámosche por que. + info
Para o correcto desenvolvemento e aproveitamento das actividades rógase puntualidade xa que non se poderá acceder ao espazo pasados 5 minutos da hora de inicio.
No transcurso de todas as actividades o persoal bibliotecario realiza fotografías co obxectivo de subilas logo aos escaparates virtuais, redes sociais e/ou incluílas en carteis ou guías nos que se publicitan os programas, actividades e servizos das bibliotecas.
Se non desexas saír nestas fotografías, por favor, fala connosco antes do inicio da actividade.
Escribe a palabra ou palabras que desexas buscar:
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible