Ayuntamiento de A Coruña

Ayuntamiento de A Coruña

Bibliotecas Municipales

Área de Fomento y Promoción de la ciudad

Nadal 2023

Volve ás bibliotecas polo Nadal! Descubre o que temos preparado para desfrutar destas festas nas bibliotecas e desde a túa casa.

A estas horas os risos cansados entonan cancións de regreso. Unha cita de amor nun bar solitario cai como a folla murcha dun calendario.

Luísa Villalta.

Cada Nadal trae consigo sentimentos encontrados, cun punto de saudade polos Nadais pasados, lembrando cancións antigas e citas de amor, cal o fragmento do texto da coruñesa Luísa Villalta, que quixemos que encabezase este portal de Nadal das bibliotecas como temperá homenaxe á poeta á cal se lle dedicará o Día das Letras Galegas en 2024.

Pero o Nadal non só é saudade do pasado: tamén é presente, e crear lembranzas neste presente que axuden a despedir un ano que marcha e darlle a benvida ao novo.

Participa connosco do que temos preparado (xogos, obradoiros, contacontos... e mesmo un concerto!) e bota un ollo á nosa guía que, ano tras ano, deixa na túa porta as nosas suxestións de "Historias de regalo" para estas datas.

Ademais desta guía, pasa pola plataforma de streaming Coruña eFilm para enchouparte de maxia nadalicia grazas ao teu carné de biblioteca e as nosas Películas para un calendario de advento.

Agardámoste e aproveitamos para desexarche, desde este recunchiño, felices festas!

Actividades de Nadal nas bibliotecas

Biblioteca Municipal Durán Loriga: Nadal de letras e xogos

Biblioteca Municipal Fórum: un Nadal en familia

Biblioteca Municipal de Estudos Locais: concerto en Nadal

  • Concerto en Nadal , do grupo de pop Nouvelle Cuisine formado na Coruña no 2011e que fará un repaso polos temas que o fixeron famoso na escena musical (22 de decembro).

Recomendacións de Nadal

Podes desfrutar en liña de recomendacións de lectura, ideas de agasallo, e propostas de cinema:

Outras actividades

Ademais das actividades vencelladas co Nadal, o ritmo nas bibliotecas non para! Bota un ollo a estas outras actividades que terán lugar nestas datas.

Biblioteca Municipal Fórum

Biblioteca Municipal Ágora

Busca no catálogo

Buscador de actividades

Escribe la palabra o palabras que deseas buscar

Si lo prefieres, puedes realizar tu búsqueda combinando distintos criterios. Sólo tienes que acceder a la búsqueda avanzada

¿Qué te parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

¡Tienes un navegador demasiado antiguo!

Lo sentimos pero tu navegador es muy antiguo para poder mostrar esta página. Debes de actualizarlo o usar un navegador compatible. Hemos optimizado esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari y Microsoft Edge. Instalar ahora un navegador compatible

Iniciar sesión