Concello da Coruña

Concello da Coruña

Zapatos - Caramuxo teatro

Que pasa con todos eses zapatos que xa ningúen usa?

A quen vai dirixido?:

Espectáculo para público de 1 a 4 anos.

A quen vai dirixido:

Familias

Cando:

11/09/2016

Xa rematou

Horario:

11.30 e 13.00 h.  (Pídese puntualidade, unha vez comezado o espectáculo non se permitirá acceder á sala)

 

Duración:

35 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

6,00 €. Abono 3 familiar: 15,00 € (mínimo un adulto e un menor).

Menores de 3 anos: 2,00 €

Capacidade reducida

 

Televenda:

Ticketea

Organiza:

IMCE

Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de todos os tamaños e cores. Unha rapaza é a encargada de coidalos e de lles dar a benvida ao lugar onde vivirán para sempre; un lugar onde poder compartir emocións coas belas bailarinas, con Pequecho e os seus irmáns, cos namorados, co sol, con centos de compañeiros que teñen moito que contarnos.

"Zapatos" narra todas esas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono.

Espectáculo recomendado pola "Red Nacional de Teatros" e mención especial do xurado na XXVI Mostra Internacional de Títeres de la Vall d'Aldaida.

 

VENDA DE ENTRADAS E ABONOS:

  • Despacho Central de billetes da praza de Ourense: de luns a venres (excepto fesivos), de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h
  • Despacho de billetes do Ágora: aberto só os días de función desde unha hora antes  (SÓ SE QUEDAN ENTRADAS DISPOÑIBLES)
  • Televenda: 902 044 226, de luns a venres, de 9.00 a 22.00, sábados de 14.00 a 22.00, domingos de 16.00 a 21.00 h 
  • www.ticketea.com

 

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión