Concello da Coruña

Concello da Coruña

XXV Concurso de música tradicional Xacarandaina

Nova edición do concurso de pandeireta, cuartetos de gaita e gaiteiro solista de toda Galicia.

Cando:

11/05/2014, de 10:30 a 21:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 31/03/2014 ata o 26/04/2014

Horario:

Sesión de mañá: de 10.30 a 14.00 h.
Sesión de tarde: de 16.00 a 20.00/20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Prezo:

Sesión de mañá ou de tarde 5.00 € (Abono 2 sesións: 8.00 €)

Venda de entradas

  • Despacho da Praza de Ourense: de luns a venres (excepto festivos) de 9.30 a 13 h e de 16.30 a 19.30 h (pagos en efectivo)
  • Despacho do Ágora: mesmo día dende unha hora antes e pola tarde media hora antes (pagos en efectivo)
  • Televenda: 902 504 500 - www.servinova.com

Televenda:

Ataquilla.com

Organiza:

Asociación Cultural Xacarandaina

Este concurso consta de tres modalidades diferentes: pandeireta, cuartetos de gaita e gaiteiro solista. No apartado de pandeireteiros/as conta con tres categorías, mentres que nos de cuartetos de gaita e de gaiteiro solista existirá unha única categoría. Concederanse tres premios por categoría, que se determinarán pola media das idades dos compoñentes do grupo e que ningún deles superará a media da categoría en máis de dous anos.

No concurso poden participar grupos de asociacións folclóricas, centros parroquiais, asociacións culturais e recreativas, asociacións xuvenís, etc. e todos os gaiteiros solistas que o desexen procedentes de toda Galicia. Todos os grupos participantes deberán cumprir as bases do concurso, onde se indica que é obrigatorio o uso de traxe tradicional. http://www.xacarandaina.com/index.php?option=com_content&view=article&ide=329%3Aaberta-a-inscricion-non-xxv-concurso-de-musica&catid=9%3Anovas&lang=gl

Cada grupo terá un tempo límite de 5 minutos, quedando descualificado o grupo que exceda o dito tempo. O xurado no momento da cualificación terá en conta: autenticidade e dificultade da peza, afinación e interpretación e expresividade na interpretación.

Máis información en http://www.xacarandaina.com/

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión