Concello da Coruña

Concello da Coruña

XVI Festival Manicómicos Miniespectáculos

Comeza o XIV Festival Manicómicos no Ágora con 3 Mini-espectáculos: Nono, Almove e Channel Shit.

Cando:

24/10/2014, de 20:30 a 21:30

Xa rematou

Horario:

20.30 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

8 € (6 € para socios de Manicómicos, carné xove, + 65 anos e desempregados)

Televenda:

Ataquilla.com

ARTURO COBAS. NONO

Benvidos ao mundo de Nono!! Un mundo no que cada obxecto pódese converter no máis inesperado, onde os mosquitos loitan con floretes, os malabares serven para cociñar e os monos, por suposto, son os nosos mellores amigos. Diversión para toda a familia onde a imaxinación e os soños faranse realidade.

Ficha técnica:

  • Procedencia: Galicia.
  • Xénero: Teatro-circo.
  • Autor, intérprete e dirección: Arturo Cobas.
  • Tipo de público: familiar.
  • Duración: 20 minutos.
  • Contacto: nonoproduction@gmail.com

ALMOVE

Dúas persoas e unha corda vertical. O espazo que respira. O aire. Dúas linguaxes expresivas para falar de encontros e desencontros, onde o espazo sonoro constrúese in-situ. Poesía, beleza, equilibrio.

Ficha técnica:

  • Compañía: Almove
  • Procedencia: Galicia
  • Xénero: Música e circo
  • Autores: María Move, Álvaro Reboredo
  • Intérpretes: María Move, Álvaro Reboredo.
  • Dirección: María Move, Álvaro Reboredo
  • Dirección artística: Fabiana Correa
  • Tipo de público: +14
  • Duración: 15 minutos

CHANNEL SHIT

Rescatamos do espectáculo "Merda" unha sucesión de parodias que falan da tele-lixo, no noso particular Channel Shit: videncia en directo, publicidade moi sexista, o ring do amor...

Ficha técnica:

  • Compañía: Creacións manicómicas
  • Procedencia: Galicia
  • Xénero: Parodia-Bufón
  • Autores: Grupo de creación escénica de Manicómicos
  • Intérpretes: Yésica Val, Héctor Martínez, Carlos Moure, Alba Farto, Marta Mato, Iria Mourón, Verónica Martínez, Martín Cortés, Julia Miguel López, Felipe Díaz "Caxo".
  • Dirección: Gonçalo Guerreiro e Carlos Sante
  • Tipo de público: +14
  • Duración: 15 minutos

+ info: www.manicomicos.org

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión