Concello da Coruña

Concello da Coruña

XI Festival Solidario Coruña en directo

8 grupos noveis residentes nos Locais de Ensaio do Concello da Coruña.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

20/01/2017

Xa rematou

Horario:

19.00 h

 

 

 

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Con invitación (dispoñibles no Centro Municipal de Información Xuvenil do Fórum Metropolitano, nos propios locais de ensaio e na tarde do evento, na conserxería do Centro Ágora)

* Para acceder ao auditorio é necesario acompañar a invitación cunha doazón de 3 kg/l de alimentos non perecedoiros a favor da Cociña Económica (pasta, zume en brick, conservas, café moído, embutido envasado, caldo de pito en brick, azucre, sal e vinagre, preferentemente)

Ademais, nesta décimo primeira edición, o festival solidario contará durante a celebración cunha barra solidaria con produtos de comercio xusto a cargo de Intermon-Oxfam.

Organiza:

Concellería da Participación e Innovación Democrática a través dos Locais de Ensaio.

A parte máis pop e Indie do concerto virá da man de Pleasure, Reminders, Sala 5 e Proyecto Moucho que darán paso á parte máis rockeira e metal do evento a cargo de Last Night Promise, JEMP, Ingravity e Harakiri.

Este evento solidario, con carácter semestral, tenta ser un trampolín para os grupos noveis, visibilizando a canteira musical de calidade coa que conta a cidade. En edicións anteriores, este escenario do festival viu debutar a grupos como Say My Name e The Sonic Headlight, grupos que despois formaron parte de festivais consagrados como o Noroeste EG, e grupos especialmente activos na escena local actual, como Jules & The Wolf e Quetzal Riders.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión