Concello da Coruña

Concello da Coruña

VII FESTIVAL SOLIDARIO. EN DIRECTO!

En directo! é un concerto solidario no que participan seis grupos dos Locais de Ensaio, que promove nesta edición unha gran recollida de alimentos a favor do Banco de Alimentos Rías Altas.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

30/01/2015, de 19:30 a 23:30

Xa rematou

Horario:

19.30 h.

Duración:

4 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada gratuíta con invitación e 3 latas de alimentos en conserva (a favor do Banco de Alimentos).

Recollida de invitacións:

  • Locais de Ensaio-Coliseum: de luns a sábado, de 16.00 a 21.30 h.
  • CMIX (Fórum Metropolitano): de luns a venres, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.00 h.

Páxina web:

http//:locaisdensaio.blogspot.com

Organiza:

Concellería de Xuventude

Un total de 30 músicos integrantes dos grupos Beards&Beers, Breathing Loud, The Sonic Headlight, Say my Name, Us in the Mirror e Tanit interpretarán temas para todos os gustos, durante as 4 horas que durará este concerto solidario que, nesta edición, ofrecerá o mellor pop, rock e rock alternativo a favor do Banco de Alimentos Rías Altas.

As persoas asistentes terán un grande aliciente final xa que, ao participar coas súas opinións sobre os grupos que integran o cartel do concerto, entrarán nun sorteo, que se realizará ao finalizar o acto, dunha entrada dobre para o concerto que AC/DC dará en Madrid no mes de maio.

Dende setembro do 2011, pasaron polos Locais de Ensaio máis de 175 bandas. Neste período participaron 716 mozos neste proxecto musical de referencia en Galicia que ten como obxectivo fundamental proporcionarlles aos mozos músicos da cidade un espazo adecuado para desenvolver a súa creatividade, inquietudes e manifestacións musicais.

Nos catro últimos anos, os Locais de Ensaio adquiriron unha grande importancia educativa e solidaria, tanto polo incremento de horas na oferta de formación musical para a xuventude, como pola aceptación e participación nela. Ademais, máis de 600 persoas acudiron ás 26 actividades de formación desenvolvidas dende setembro do 2011. Talleres, masterclass e charlas – coloquio que van dende masterclass de guitarra eléctrica ou batería; a talleres de Djing, informática musical, ou xestión de redes sociais para músicos; ou charlas con artistas consolidados como Toñito de Poi ou Bastards on Parade.

O Departamento de Xuventude, por medio dos Locais de Ensaio, ademais de ofrecer un espazo musical, busca apoiar, promover e facer visibles os grupos noveis apostando pola realización de concertos onde estes mozos músicos coruñeses son os protagonistas exclusivos. o Departamento de Xuventude leva editados 4 CDs con máis de 40 temas gravados na sala de gravación dos propios Locais de Ensaio polos grupos participantes.

Toda a información sobre os Locais de Ensaio pódese atopar no blog www.locaisdensaio.blogspot.com ou no correo electrónico locaisdensaio@gmail.com.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión