Concello da Coruña

Concello da Coruña

VI Festival Infantil O BERCE DE DONAIRE

Nesta 6ª edición do festival infantil de folclore galego acompañarán á escola da Asociación Cultural Donaire, a canteira de Queiroa (Sada) e Cantigas e Frores (Lugo).

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

25/04/2015, de 17:30 a 19:30

Xa rematou

Horario:

17.30 h.

Duración:

Dúas horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

3,00 € (carné xove, + 65 anos e desempregados: 2,00 €)

Venda de entradas:

  • Despacho da Pza. de Ourense: de luns a venres, de 9.30 a 13.00 e de 16.30 a 19.30 h (pago en efectivo)
  • Despacho do Centro Sociocultural A Fundación: de luns a sábado e días festivos de 9.00 a 21.00 h (pago en efectivo ou con tarxeta)
  • Televenda: 902 504 500, de luns a sábado de 8.00 a 22.00 h - www.ataquilla.com, (pago con tarxeta)
  • Despacho do Ágora: o mesmo día dende 1 h antes (pago en efectivo)

Televenda:

Ataquilla.com

No décimo aniversario da Asociación Cultural Donaire organízanse varias actividades, unha delas é o festival infantil "O Berce de Donaire".

Unha idea que nace pola inquietude de que os nenos e nenas tamén teñan o seu espazo para mostrar todo o que aprenden na asociación, xa que polo xeral os grupos de nenos quedan relegados a un segundo plano, e merecen ter tamén o seu protagonismo.

Nas cinco edicións anteriores chegaron grupos de gran parte da xeografía galega e neste ano 2015, na sexta edición, acompañarán á numerosa escola da A.C. Donaire dúas agrupacións galegas, Queiroa dende Sada e Cantigas e Frores dende Lugo que farán unha festa do folclore.

Esperamos que co esforzo de moita xente aínda queden moitos anos gozando de "O Berce de Donaire".

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión