Concello da Coruña

Concello da Coruña

V Xornadas Gygax

Organizadas pola Asociación Draco, estas xornadas son o punto de encontro en Galicia para todos os afeccionados e profesionais dos xogos de rol e de mesa. Ademais, este ano homenaxea o 40º aniversario da publicación de "Dragones y mazmorras".

A quen vai dirixido?:

Xuventude de entre 14 e 35 anos afeccionados e profesionais dos xogos de rol e de mesa.

Cando:

Os días 29/03/2014 ás 16:00 , 30/03/2014 ás 16:00

Xa rematou

Horario:

De 16.00 a 21.00 h.

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora

Páxina web:

www.draco.galiciarol.org

Organiza:

Concellería Xuventude- A. Draco

PROGRAMA DE ACTIVIDADES:

Os xogos de rol de mesa son xogos de interpretación cunha trama común, nos que as persoas participantes encarnarán a un 1 personaxe ficticio e deberán interatuar entre elas para chegar á resolución dos conflitos presentados polo director do xogo. Existe unha enorme diversidade de xéneros e títulos, sendo o máis destacable neste caso a fantasía medieval de Dungeons & Dragons.

Xogos de mesa. Ademais dos de mesa aos que todos estamos acostumados, tales como parchís, oca, ou xadrez, etc, existen outros moitos xogos baseados na estratexia e a planificación. Poden ser tanto competitivos como cooperativos, e de todo tipo de temáticas, dende a ciencia ficción ao humor, dende o medievo ao espazo exterior pasando polo salvaxe Oeste. Así, atopamos títulos coma "Battlerstar Galactica" (Ciencia Ficción), "Bang!" (Salvaxe Oeste) ...

Xogos de cartas. A maior parte destes xogos son de cartas coleccionables, e consisten na confrontación de dous ou máis xogadores mediante o uso de criaturas, accións ou obxectos co fin de derrotar o adversario. Os títulos máis destacables serían "Pokémon" ou "Yu-Gi-Oh!"

Torneos e concursos. Outra das actividades programadas son os torneos de xogos de mesa clasificatorios para os torneos nacionais de Colonos de Catán, Carcassonne e Dominion. Ademais, realizarase tamén un torneo de Magic e un sorteo de material ao final do evento entre todos os participantes.

Outras actividades. Durante todo o evento, no mesmo espazo tedrán lugar varias exposicións: unha proxección continua sobre a vida de Gary Gygax, varias mostras de traballos realizados por afeccionados ao rol e xogos de mesa, tales como figuras pintadas, escenografías; e mostras de manuais e material de xogos de rol de edicións antigas xa descatalogadas.

Para máis información: www.draco.galiciarol.org ou www.facebook.es/dracoruna

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión