Concello da Coruña

Concello da Coruña

TRIMESTRE PRIMAVERAL DE POETAS DI(N)VERSOS

Reunindo mes a mes o mellor da poesía en galego e en calquera outra lingua do mundo, POETAS DI(N)VERSOS acollerá no Auditorio do Ágora poetas dende o Oriente Medio ata o Occidente europeo, dende a Latinoamérica austral ata Galicia.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

Os días 18/04/2016, 30/05/2016, 13/06/2016

Xa rematou

Horario:

20:30 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Lugar da Gramela 17. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada de balde até completar a capacidade

 

Contacto:

981189888

Sempre en día luns e en horario das 20:30h, con entrada libre e gratuíta a actos de aproximadamente unha hora de duración, as citas poéticas comezarán este próximo luns 18 de abril.

Presentados pola propia coordinadora do ciclo –a tamén poeta Yolanda Castaño– lerán os seus poemas orixinais Isaac Xubín e Lorna Saughnessy, nunha sesión chea de auténtico sabor celta. E é que Irlanda atravesa as poéticas destes dous creadores nacidos na Coruña e en Belfast respectivamente.

Se a segunda provén das terras irlandesas do norte, o primeiro foi lector de lingua e cultura galegas na University College de Cork. Ademais, outro fío condutor entre ambos é o labor da tradución literaria: se el constitúe o principal tradutor do éuscaro para o galego, ela verteu a Manuel Rivas para o inglés. As célticas notas do ‘whistle’ ou flauta irlandesa acompañarán os poemas galegos de Isaac Xubín, hoxe residente no Reino Unido.

Pola súa banda, os textos que Lorna Saughnessy lea no inglés orixinal, irán seguidos das traducións ao galego que interpretará a condutora do acto, Yolanda Castaño.

Novas citas seguirán enriquecendo o que é o único ciclo estable que inclúe poetas internacionais de xeito regular en toda España. O 30 de maio visitarán A Coruña dúas voces impelidas a residir a moitos quilómetros dos seus lugares de orixe: a dezá Luz Pichel e o iraniano Mohsen Emadi. Eles dous seguen a escribir poesía en galego e en persa aínda dende Madrid e México.

Canto á de xuño, será unha sesión enormemente arxentina. O luns 13 reunirá dous autores nacidos ambos en Bos Aires e que escriben en castelán e galego respectivamente: Mercedes Roffé faino hoxe dende Nova York e Eduardo Estévez dende o Val da Maía. El constitúe un dos autores máis representativos da Xeración dos 90 en Galicia e ela é unha das escritoras máis recoñecidas da poesía latinoamericana actual.

Sempre aliándose coas librarías de proximidade, os encontros seguirán ofrecendo aos asistentes a posibilidade de adquirir os títulos dos convidados e convidadas levando as súas sinaturas.

Tres novos recitais poéticos capaces de seducir a propios e estraños coa emoción dos versos nas propias voces de quen os crearon.

 

 

 

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión