Concello da Coruña

Concello da Coruña

Talleres de iniciación á radio con CUAC FM

PRAZAS ESGOTADAS. Ábrese a lista de espera ata o 10 de setembro, destinada a cubrir as posibles renuncias; chamando ao 981 184 294, de luns a venres de 10 a 14 e de 17 a 20 h.

Cando:

Os días 12/09/2014 ás 17:00 , 13/09/2014 ás 14:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 01/09/2014 ata o 10/09/2014

Horario:

Venres 12, de 17.00 a 20.00 h.

Sábado 13, de 11.00 a 14.00 h.

Duración:

3 horas

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Idade de 16 a 35 anos.

Inscrición previa (12 prazas): do 1 ao 10 de setembro.

Páxina web:

http://cuacfm.org

Documentos:

Autorización de menores (32 KB)

Gústache escoitar a radio? Gustaríache aprender a realizar un programa?

O venres 12 pola tarde ou o sábado 13 de setembro pola mañá no Centro Ágora tes a oportunidade de ter o teu primeiro contacto co mundo da radio. E quizá sexa o comezo dunha grande amizade.

Nunhas horas, varias persoas de CUAC FM 103.4 ofreceranche unha formación práctica e divertida sobre a locución, a parte técnica, a produción e tamén breves nocións sobre o que é unha radio comunitaria.

Que é unha radio comunitaria? Unha emisora sen ánimo de lucro na que calquera persoa ou colectivo pode colaborar. O único que é necesario é ter paixón por comunicar.

CUAC FM é a única que existe na Coruña. Emite dende 1996 no Campus da Zapateira e xa pasaron polos seus micros máis de 400 programas.

Se queres gozala como oínte, podes facelo a través do 103.4 de fm, de http://cuacfm.org/directo ou da nosa aplicación gratuíta para móbiles (android, Apple ou Nokia). Posteriormente podes escoitar os nosos programas podcast. Ah, se queres síguenos en facebook ou Twitter @cuacfm

IMPORTANTE: No caso de que o/a participante sexa menor de idade, deberá presentar autorización do pai/nai/titor legal, así como a copia do DNI da persoa que autoriza a participación.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión