A Biblioteca Ágora organiza un taller sobre a festividade celta do Samaín
31/10/2014, de 18:30 a 20:00
Xa rematou
Dende o 17/10/2014 ata o 30/10/2014
18.30 h
Gratuíto.
O recordo dos mortos constitúe o eixo fundamental arredor do que xiran a maior parte das activiades do Samaín. Nesta ocasión dende a Biblioteca Ágora e coa finalidade de poñer en valor un elemento da nosa tradición cultural, que coincide ao mesmo tempo cunha temática de interese dos pequenos, desenvolveremos un pequeno taller que complementa unha mostra bibliográfica na zona infantil na que convivirán varios elementos: unha sesión de cuentacontos de tradición oral baseados nas historias máis terroríficas, acompañados dun xogo no que participarán de maneira dinámica os pequenos coas súas historias particulares sobre esta celebración, e presentaremos de maneira enxeñosa "Receitario repugnante e nutritivo", así como o libro "Adivinanzas monstruosas", achegando unha compoñente lúdica á sesión.
Está dirixido a público infantil de entre 7 e 10 anos.
Inscrición presencial a partir do 17 de outubro na Biblioteca Ágora. 15 prazas + 5 reservas.
Entidades
Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible