Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller Imaxinando Minchapas con Pichük

Con motivo da realización do Festival de Viñetas desde o Atlántico, en Bibliotecas Municipais contamos cunha ampla programación relacionada co mundo do cómic.

Cando:

14/08/2014

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 28/07/2014 ata o 14/08/2014

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora. Rúa Ágora s/n. 15010 A Coruña

A Biblioteca Municipal de Ágora organiza un taller impartido polo debuxante Manel Cráneo o 14 de agosto ás 17.00 horas destinado a nenos e nenas de 6 a 10 anos onde poderán aprender e practicar a creación de personaxes e mundos imaxinarios a través do debuxo e das palabras. Realizaranse chapas para que cada neno e nena poida levar para a casa.

Ademais, durante o taller terá lugar a lectura de dous libros de Diario Pichük con ambiente sonoro en directo.

Inscrición previa: límite de prazas

Para poder participar no taller é necesiario formalizar unha inscrición previa a partir do 28 de xullo cubrindo un formulario no Blog de Fancomic 

O taller estará impartido por Manel Cráneo

Manel Cráneo é debuxante e ilustrador cunha ampla actividade dende mediados dos anos noventa, cando promoveu numerosísimos fanzines como: Ovo, Costra de postre, Los rústicos de la guadaña, Craneografía e Craneofilia.

Participou nas dúas etapas da revista Golfiño realizando a serie A fraga Milmañas con guións de Carlos Amil. Traballos seus viron a luz en cabeceiras colectivas como Barsowia e Subterfuge. Ex-presidente da Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI), liderou a súa práctica refundación no 2003.

Na mesma época foi o principal promotor con Kike Benlloch do Colectivo Chapapote, resposta ao desastre do Prestige coa participación de ducias de ilustradores. Ademais dunha longa experiencia en cartelismo e publicidade, é o responsable do storyboard de diversos filmes O lapis do carpinteiro e curtametraxes A ti como se che di adeus.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión