Concello da Coruña

Concello da Coruña

Taller de masaxe infantil

ESGOTADAS AS PRAZAS EN AMBOS OS TALLERES. O taller, impartido por Carla Console, constará dunha parte informativa sobre a "arte" da masaxe infantil, unha pequena demostración da técnica e un xogo de tacto.

A quen vai dirixido:

Familias, Para público en xeral

Cando:

09/04/2015, de 11:00 a 18:00

Xa rematou

Inscricións:

Dende o 23/03/2015 ata o 07/04/2015

Horario:

Taller I: 11.00 h.

Taller II: 17.00 h.

Duración:

45 a 60 minutos

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Gratuíto.

Requisitos:

Familias con bebés de 0 a 12 meses.

Núm. máximo de participantes: 12 bebés.

Inscrición previa: na conserxería do Ágora (de 9 a 21 h) ou no teléfono 981 189 888.

Serán os pais os que realizarán a masaxe e o xogo ao propio bebé.

Os obxectivos principais do encontro son dar a coñecer a masaxe infantil en canto ferramenta para fomentar a comunicación e a nutrición afectiva, e ofrecer información sobre os seus beneficios para o bebé e a familia enteira.

A duración dos talleres será duns 45 a 60 minutos.

A masaxe infantil é unha antiga tradición en moitas culturas do mundo, que se transmitiu de nais a fillas. É unha ferramenta para fomentar a comunicación e a nutrición afectiva. Moitos estudos de investigación¹ revelan como a calidade do contacto afectivo dos primeiros anos dos bebés e os seus proxenitores ten repercusións directas no desenvolvemento físico, psíquico e emocional importantes e duradeiras.

¹(Allan N. Schore, 2003; M. Gunnar, 2002; D. Siegel, 1999; A. Sroufe, 1995)

Carla Console

Educadora de Masaxe Infantil certificada por IAIM (Asociación Internacional de Masaxe Infantil) e membro de AEMI (Asociación Española de Masaxe Infantil). Psicóloga evolutiva, licenciada na Universidade dos Estudos de Padova (Italia). Especialista en Desenvolvemento Neuropsicomotor de 0 a 3 anos. En proceso de formación en Saúde Mental Perinatal.

Prazo e modo de inscrición: do 23 de marzo ao 7 de abril ou ata completar as prazas. Na conserxería do Ágora (de 9 a 20 h) ou por teléfono ao 981 189 888.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión