Concello da Coruña

Concello da Coruña

SERVIZO DE PRÉSTAMO NO FOGAR

O Servizo de Préstamo no Fogar é un programa que a Biblioteca Ágora e a Biblioteca do Castrillón levan adiante coa intención de facilitar que persoas con problemas de mobilidade poidan solicitar libros, discos e películas dende os seus domicilios ás nosas bibliotecas.

A quen vai dirixido?:

Persoas usuarias da biblioteca.

Cando:

Dende o 25/08/2013 ata o 30/06/2014

Xa rematou

Horario:

En horario da biblioteca.

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora

Prezo:

Servizo gratuíto.

Requisitos:

Persoas con problemas de mobilidade.

CÓMO FUNCIONA

As persoas interesadas unicamente teñen que poñerse en contacto coa Biblioteca Ágora no teléfono 981 189 886, explicar que queren beneficiarse do servizo de préstamo no fogar e realizar a súa petición de libros, música ou cinema.

Para poder solicitar calquier material en préstamo teñen, como único requisito, que ser socias das Bibliotecas Municipais. Se non o son, facémolas no momento, é completamente gratuíto.

As e os voluntarios da biblioteca serán as persoas encargadas de levarlles e de recollerlles na súa casa os materiais en préstamo.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión