Concello da Coruña

Concello da Coruña

Rodrigo Muñoz Avia - Libros en directo

Libros en directo terá como convidado a Rodrigo Muñoz Avia que, en xornada de mañá, realizará un encontro con alumnado de centros escolares para falarlles do seu libro "El signo prohibido" que recibiu o XXIII Premio Edebé Infantil. E pola tarde, a partir das 20 horas, o autor conversará sobre a súa novela "Cactus" publicada pola editorial Alfaguara.

A quen vai dirixido:

Para público en xeral

Cando:

28/05/2015, de 20:00 a 22:00

Xa rematou

Horario:

20.00 h

Enderezo:

Centro Sociocultural Ágora. Rúa Ágora. 15010 A Coruña

Prezo:

Entrada libre ata completar capacidade.

Organiza:

Polisemias

Podes atopar nun cactus o sentido da vida? Agustín é un desastre. Aos 37 anos, vive de okupa en casa dos seus anciáns e achacosos pais, a súa noiva deixouno, e contense tan pouco ao insultar os seus alumnos nas clases de literatura como ao agarrar a botella e o volante case sen marxe de tempo. Por iso, cando é despedido tras a súa enésima tolemia e está a piques de tirarse el mesmo pola borda con todo o que arroxou xa, decide aceptar un plan tan demencial que só pode funcionar: marchar durante o verán á Universidade de Stanford, en California, para seguir un curso sobre cactus.

Viaxa a Estados Unidos cun humor de cans pero algo no chan californiano axiña o vai serear, quizais só dándolle un pouco de perspectiva para unha vida que, iso si, parece inmune a calquera obxectivo a medio ou longo prazo. Coñece as súas compañeiras de curso, media ducia de saudables e novas universitarias que pronto o adoptan como a súa mascota, coqueteando con el de modo moi adolescente, e a súa profesora Cynthia, unha muller impredicible e temperamental. A nova vida de Agustín parece marchar ben, coma unha seda e ao volante dun gran coche que lle permite visitar centros comerciais e empaparse da luminosa vida californiana... pero non é ouro todo o que reloce e a coiraza cínica do antiheroe convidará á risa pero tamén á amargura e a melancolía.

RODRIGO MUÑOZ AVIA (Madrid, 1967) publicou no 2005 a súa primeira novela para adultos Psiquiatras, psicólogos y otros enfermos (Alfaguara), acollida con notable éxito polos lectores e reeditada en múltiples ocasións. Publicou ademais as novelas xuvenís Lo que no sabemos (Alfaguara Xuvenil, Premio Jaén 1996) e El portero de hockey, e as novelas infantís Julia y Gus visitan el top manta e Los perfectos (Premio Edebé de Literatura Infantil 2007).

Como guionista de cinema colabora asiduamente co seu irmán Nicolás Muñoz; neste campo destaca cos guións da longametraxe Rewind (1998), do documental El viaje de Susu (2003) e da longametraxe en fase de produción Animales de compañía (2007).

Nas últimas datas realizou o labor de compilación e introdución de dous libros especialmente queridos para el, un sobre o seu mellor amigo, un alpinista falecido no Himalaya no 2001 (Alfonso Vizán, un pirata en la montaña, 2004) e outro sobre os escritos que deixou o seu pai (Lucio Muñoz, el conejo en la chistera, 2006). Igualmente publicou diversos estudos de arte contemporánea, fundamentalmente sobre a obra de Lucio Muñoz.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión