Concello da Coruña

Concello da Coruña

Presentación do libro-disco "Os Contos de Joselín"

Preséntase na Coruña un libro-disco sobre o primeiro contacontos galego, dos anos 20.

A quen vai dirixido?:

Público adulto e xuvenil

Cando:

30/04/2014, de 19:00 a 21:00

Xa rematou

Horario:

19.00 horas

Enderezo:

Biblioteca Municipal Ágora

Organiza:

Biblioteca Ágora

Os contos de Joselín é o resultado do traballo de investigación de aCentral Folque sobre a figura de Joselín, considerado como o primeiro narrador oral galego, que recibiu recoñecemento e fama nos anos 20 do pasado século e que agora ve rescatadas e editadas todas as gravacións dos seus contos orais nun coidado libro-disco.

Con presenza de diferentes referentes do teatro na Coruña, na presentación explicarase a historia desta figura da cultura galega que agora se recupera e dáse a coñecer ao gran público.

A actividade, que terá lugar o mércores 30 ás 19 horas, enmárcase dentro do ciclo Conversas no Ágora, que a Biblioteca Ágora desenvolve dende a vontade de ofrecerse como espazo para o debate e a difusión de ideas.

Compartir en Tuenti

Que che parece esta sección?

-101-101-101

Síguenos en

Tes un navegador demasiado antigo!

Sentímolo pero o teu navegador é moi antigo para poder mostrar esta páxina. Debes de actualizalo ou usar un navegador compatible. Optimizamos esta web para Google Chrome, Mozilla Firefox, Opera, Safari e Microsoft Edge. Instalar agora un navegador compatible

Iniciar sesión